Atlas (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlas
Cassini Atlas N00084634 CL.png
Foto tomadas pola sonda Cassini o 12 de xuño do 2007, amosando Atlas dende abaixo do seu polo sur.
Descubrimento
Descuberta por Richard Terrile, Voyager 1
Descuberta no Outubro do 1980
Designación alternativa Saturno XV
Características orbitais[1]
Época 31 de decembro do 2003 (DX 2453005,5)
Eixo semi-maior 137.670 ± 10 km
Excentricidade 0,0012
Período orbital 0,6016947883 d
Inclinación 0,003 ± 0,004°
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 46 × 38 × 19 km[2]
Diámetro medio 15,3 ± 1,2 km [2]
Área superficial ~3.700 km²
Volume ~15.000 km³
Masa 6,6 ± 0,6 x 1015 kg[1]
Densidade media 0,44 ± 0,11 g/cm³
Gravidade superficial ~0,00083 m/s2
Velocidade de escape ~0,0062 km/s
Período de rotación asumida coma sincrónica
Albedo 0,4
Oblicuidade cero
Temperatura ~81 K

Atlas (en grego Άτλας) e un satélite interior de Saturno. Atlas foi descuberto por Richard Terrile no 1980 (algúns días antes do 12 de novembro) a partir de imaxes do programa Voyager e foi temporalmente designado coma S/1980 S 28.[3] En 1983 recibiu oficialmente o nome de Atlas que proven da mitoloxía grega, porque el "sostén cos seus ombreiros os aneis" do mesmo xeito có Titán Atlas sostiña a Terra.[4] Foi tamén designado coma Saturno XV.

Atlas é o satélite máis próximo á beira externo do anel A, e a pesar do seu tamaño pensouse durante bastante tempo que era unha lúa pastor deste anel. Porén, agora é sabido que a beira exterior deste anel é mantido estable por unha resonancia orbital de 7:6 coas lúas moito máis masivas e distantes, Xano e Epimeteo. [5] No 2004, un anel moi feble e delgado que recibiu a designación provisional R/2004 S 1, foi descuberto dentro da órbita de Atlas.[6]

Imaxes de alta resolución feitas pola sonda Cassini en xuño do 2005 revelaron unha especie "cinto", unha especie de michelín ó longo do ecuador. A explicación máis plausible para esta rara e prominente estrutura é que o material que é varrido pola lúa, é acumulado por esta preferentemente no ecuador debido ó pequeno grosor do anel. De feito, o tamaño ecuatorial da lúa e comparable ó tamaño esperado para o seu lóbulo de Roche. Isto podería significar que chegados a certo punto, as partículas que pretendan acumularse no ecuador, veríanse arredadas da lúa ó supera-la forza centrifuga da lúa á da súa propia gravidade.[5]

Atlas está significativamente perturbada por Prométeo e dun xeito máis suave por Pandora, chegando a variacións na súa lonxitude (orbital) de 600 km (~0,25°) respecto do que debería se-la súa órbita kepleriana, estas variacións suceden ó longo dun período de 3 anos. Dende que se coñece que as órbitas de Prométeo e Pandora son caóticas, tamén se comezou a sospeitar ca órbita de Atlas tamén o é.[1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]