Aegaeon (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tres imaxes do brillante arco do Anel G con Aegaeon, as fotos teñen un intervalo de 10 minutos entre elas.

Aegaeon ou Exeón (do grego Αιγαίων) tamén coñecida coma Saturno LIII (designación provisional S/2008 S 1), é unha lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Carolyn Porco do equipo de imaxes da sonda espacial Cassini-Huygens o 3 de marzo do 2009, a partir de obsevacións feitas o 15 de agosto do 2008.[1] Recibíu o seu nome de Αιγαίων (en latín Aegaeon), un dos Hecatónquiros.[2]

Aegaeon orbita dentro do brillante segmento do Anel G de Saturno, e posiblemente a lúa sexa a fonte principal do material de dito anel.[3] Cascallos desprendidos da lúa forman un arco brillante preto da beira interior, e estes aá súa vez son espallados ó resto do anel. Aegaeon orbita nunha resonancia orbital de 7:6 con Mimas, a cal causa unha oscilación duns 4 kms. cada 4 anos no seu eixo semi-maior. Asumindo que ten un albedo semellante ó de Pallene, estimóuselle un diámetro de medio quilómetro. Orbita Saturno a unha distancia media de 167.500 km en 0,80812 días, ten unha inclinación de 0,001° respecto do ecuador de Saturno, cunha excentricidade do 0,0002.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IAU Circular No. 9023
  2. Jennifer Blue, Saturnian Satellite Named Aegaeon, USGS Astrogeology Hot Topics, 5 May 2009
  3. Petite Moon, CICLOPS, 29 May 2009