38628 Huya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
38628 Huya
Descubrimento e clasificación
Descuberto por Ignacio Ferrin
Descuberto o 10-03-2000
Designación provisional 2000 EB173
Designación do Mpc 38628 Huya
Categoría no Mpc TNO
Plutino[1][2]
Kozai
Características orbitais[1][3]
Época= 04-01-2010 (2455200,5 xd)
Afelio 7.534 Gm 50,363 UA (Q)
Perihelio 4.266 Gm 28,520 UA (q)
Eixo semi-maior 5.900 Gm 39,442 UA (a)
Excentricidade 0,2768
Período orbital 90.477 d 247,72 ax
Velocidade orbital 4,63 km/s
Inclinación 15,487°
Anomalía media 352,38° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 169,40°
Argumento do perihelio 68,169°
Características físicas
Diámetro 532 ± 25 km[4]
Masa 6,5 x 1019–1,8 x 1020 kg[5]
Densidade 2,0? g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial 0,12-0,15? m/s²
Velocidade de escape 0,23-0,28? km/s
Tipo espectral moderadamente vermello, B-V=1,00; V-R=0,65[6]
Albedo 0.05(+0,005 -0,004)[4]
Magnitude aparente 19,3 (en oposición)[7]
Magnitude absoluta 5,23[4]
Temperatura superficial ~44 K
Tamaño angular 0,024" (max)[8]

38628 Huya é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto en marzo do 2000 por Ignacio Ferrin e o seu descubrimento foi anunciado o 24 de outubro do 2000. Está clasificado coma plutino, os cales están en resonancia orbital de 2:3 con Neptuno.[1] Co telescopio [[Telescopio Espacial Spitzer]] estimouse que tiña un diámetro de 532 ± 25 km,[4] o que fai del un posible candidato a planeta anano. Esperase que os obxectos trans-neptunianos sexan esféricos a diámetros ó redor dos 400 kms, .[9]

Recibiría o nome de Huya, que provén de Juyá, o deus wayuu da choiva, recibiu este nome por parte da Unión Astronómica Internacional (UAI) en agosto do 2003.

Características físicas[editar | editar a fonte]

No momento do seu descubrimento, Huya era o obxecto trans-neptuniano máis grande é brillante atopado, coa evidente excepción de Plutón. Foi atopado usando os datos recollidos polo observatorio do CIDA en Venezuela. O Telescopio Espacial Spitzer estimou o diámetro de Huya nuns 530 km cun albedo bastante baixo de 0,05.[4]

O obxecto ten unha forte marca nas liñas pertencentes ó vermello no espectro visible e no infravermello próximo, o que suxire que a súa superficie sexa rica en materiais orgánicos coma as tolinas.[10] Existe unha banda larga de absorción preto dos 2 μm que posiblemente pertenzan a xeo de auga ou a algún material alterado pola presenza de auga e tamén podería existir liñas de absorción preto dos 0,6–0,8 μm, o cal podería corresponderse con silicatos alterados pola presenza de auga.[11]

Órbita e rotación[editar | editar a fonte]

Huya está actualmente a unhas 28,7 UAs respecto do Sol,[7] e acadará ó seu perihelio (q=28,52 UAs) no ano 2015.[3] Isto significa que este candidato a planeta anano está actualmente dentro da órbita de Neptuno. Coma Plutón, este plutino gasta parte do máis pechado da súa órbita ó redor do Sol tan preto de Neptuno, que o planeta controla ás súas órbitas mediante unha resonancia orbital. En xullo do ano 2029 Huya estará no momento de maior proximidade tanto do Sol coma de Neptuno.[nota 1][12] Simulacións feitas polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosan que nos próximos 10 millóns de anos, Huya podería acadar un perihelio (qmin) dunha distancia inferior á 27,28 UA.[1] Os plutinos (15875) 1996 TP66 e (120216) 2004 EW95 aínda acadarían unha maior aproximación ó Sol.

Gráfica onde se pode ve-la distancia Neptuno, Plutón e Huya respecto do Sol durante un período 1.000 anos.

Dada as grandes órbitas que teñen os obxectos trans-neptunianos ó redor do Sol, Huya está en oposición a primeiros de maio de cada ano, cunha magnitude aparente de 19,3.[7] Huya foi observado 131 veces, incluíndo imaxes recuperadas, dende o ano 1996.[3] O período de rotación de Huya é descoñecido.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fágase notar que esta proximidade é vendo ó Sol e a Neptuno coma un conxunto respecto de Huya, non se refire a distancia máis próxima ó Sol e a Neptuno por separado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Marc W. Buie (22-04-2007). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 38628". Consultado o 17-07-2008. 
  2. "MPEC 2009-C70 :Distant Minor Planets (2009 FEB. 28.0 TT)". Minor Planet Center. 10-02-2009. Consultado o 2009-03-24. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "JPL Small-Body Database Browser: 38628 Huya (2000 EB173)". 13-06-2009 últimas observacións. Consultado o 17-07-2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (2007). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". University of Arizona, Lowell Observatory, California Institute of Technology, NASA Ames Research Center, Southwest Research Institute, Cornell University. Consultado o 24-07-2008. 
  5. Radio de 253 km e unha densidade de 0,97 (a den. de Tetis) = 6,5 x 1019 kg. Para un radio de 279 km e unha densidade de 2.0 (a den. de Plutón) = 1,8 x 1020 kg
  6. Tegler, Stephen C. (01-02-2007). "Kuiper Belt Object Magnitudes and Surface Colors". Arquivado dende o orixinal o 01-09-2006. Consultado o 30-12-2009. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (38628) Huya Ephemerides". Consultado o 22-03-2009. 
  8. Huya Angular Size @ May 2015 Opposition: 480 km dia / (27,5543AU * 149 597 870 km) * 206265 = 0.024"
  9. Mike Brown. "The Dwarf Planets". Consultado o 20-01-2008. 
  10. Licandro (07/2001). Astronomy and Astrophysics, v.373, p.L29-L32 (2001), ed. "NICS-TNG infrared spectroscopy of trans-neptunian objects 2000 EB173 and 2000 WR106". Consultado o 17-10-2007. 
  11. de Bergh, C., Boehnhardt, H.; Barucci, M.A. e o seu equipo. (2004). "Aqueous altered silicates at the surface of two Plutinos?". Astronomy and Astrophysics 416: 791–798. doi:10.1051/0004-6361:20031727. 
  12. California Institute of Technology, Jet Propulsion Laboratory (ed.). "Horizon Online Ephemeris System". Consultado o 23-03-2009. 
  13. Sheppard, Scott S.; Lacerda, Pedro; Ortiz, Jose L. (2008). "Photometric Lightcurves of Transneptunian Objects and Centaurs: Rotations, Shapes, and Densities". En M. Barucci, A.; Boehnhardt,H.; Cruikshank, D.P.; et al. The Solar System Beyond Neptune (PDF). University of Arizona Press. pp. 129–142. ISBN 978-0-8165-2755-7. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 05 de marzo de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]