Geyser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Outro geyser.

Un geyser é unha nacente termal que entra en erupción periodicamente, lanzando unha columna de auga quente e vapor para o ar. O nome Geyser provén de Geysir, o nome dunha nacente eruptiva en Haukadalur, na Islandia; este nome deriva pola súa vez do verbo gjósa, "chorrear".

A formación de géyseres require unha hidroxeoloxía favorábel, o que existe só en poucos lugares na Terra; logo, son fenómenos razoabelmente raros. Existen cerca de mil en todo o mundo, e a metade destes no Parque Nacional de Yellowstone nos Estados Unidos. Tamén son coñecidos os géyseres de Nova Celandia e o Strokkur Geysir de Islandia.

Os géyseres son marabillosos, mais poden ter como efecto a insuficiencia renal, e por iso non é conveniente que persoas con problemas renais frecuenten lugares onde existan géyseres.