Albiorix (lúa)
| Descubrimento[1] | |
|---|---|
| Descuberta por | Matthew J. Holman e o seu equipo. |
| Descuberta no | 2002 |
| Designación alternativa | Saturno XXVI |
| Características orbitais[2] | |
|
|
|
| Eixo semi-maior | 16,182 Gm |
| Excentricidade | 0,4770 |
| Período orbital | 783 d (2,15 a) |
| Inclinación | 34,207° * |
| Características físicas | |
| Diámetro medio | 32 km[3] ** |
| Período de rotación | ? |
| Albedo | 0,04 [3] asumido |
| Cor | vermello claro (variable) B-V=0,89 R-V=0,50[4] |
| Tipo espectral | ? |
|
|
|
Albiorix é un satélite irregular de movemento directo de Saturno. Foi descuberto por Holman, e o seu equipo no ano 2000, e déuselle a designación temporal de S/2000 S 11.[5][6] [7]
Albiorix é o membro máis grande do grupo de satélites irregulares Gallic.
Recibiu o seu nome oficial en agosto do 2003 en base a un nome da mitoloxía celta, Albiorix era o nome dun deus tribal, aínda que é máis coñecido por Toutatis[8].
Albiorix orbita Saturno a unha distancia do redor de 16 Gm é o seu diámetro está estimado en 32 km, asumindo un albedo do 0,04.
O diagrama ilustra a súa órbita en relación a outras lúas de movemento directo de Saturno. A excentricidade da órbita está representada polos segmentos amarelo que se estenden dende o pericentro ó apocentro.
Dadas a semellanzas dos elementos orbitais e a homoxeneidade das caracteristicas físicas cós outros membros do grupo Gallic, suxeriuse que estes satélites poderían ter unha orixe común a partir da destrución dunha lúa nai máis grande[4][7].
A variación de cores revelada recentemente suxire a posibilidade da existencia un gran cráter, dando coma hipótese alternativa que Erriapus e Tarvos fosen posibles fragmentos de Albiorix, despois de que este recibise o impacto doutro corpo que case o esnaquiza.[9]
Índice |
[editar] Notas
- ↑ Discovery Circumstances from JPL
- ↑ Mean orbital parameters from JPL
- ↑ 3,0 3,1 Scott Sheppard pages
- ↑ 4,0 4,1 Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K.; Photometric survey of the irregular satellites, Icarus, 166 (2003), pp. 33-45
- ↑ IAUC 7545: S/2000 S 11 19 de decembro do 2000 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2000-Y13: S/2000 S 11 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides)
- ↑ 7,0 7,1 Gladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; e Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (12 de xullo do 2001), pp. 163–166
- ↑ IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto do 2003 (bautizando a lúa)
- ↑ Grav, T.; e Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellites
- Ephemeris from IAU-MPC NSES
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- David Jewitt pages (en inglés)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||