Skoll (lúa)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Descubrimento[1] | |
|---|---|
| Descuberta por | S. S. Sheppard D. C. Jewitt J. Kleyna |
| Descuberta o | 2006 |
| Designación provisional | S/2006 S 8 |
| Características orbitais[2] | |
| Eixo semi-maior | 17,56 millóns de km |
| Excentricidade | 0,418 |
| Período orbital | 869 d (2,38 AX) |
| Inclinación | 156° (respecto da eclíptica) |
| Satélite de | Saturno |
| Características físicas | |
| Diámetro medio | 6 km[3] (baseado no albedo) |
| Período de rotación | ? |
| Albedo | 0,04 asumido [3] |
| Cor | ? |
Skoll ou Saturno XLVII (designación provisional S/2006 S 8) é unha pequena lúa irregular de movemento retrógrado de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt e Jan Kleyna o 26 de xuño do 2006, a partir de obsevacións feitas entre o 5 de xaneiro e o 30 de abril do 2006. [2][4]
Skoll ten uns 6 km de diámetro (asumindo un albedo de 0,04)[3], e orbita Saturno a unha distancia media de 17,6 millóns de km en 869 días, segue unha órbita moi excéntrica e moderadamente inclinada.
Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007,[5] o cal sería Sköll, un lobo xigante da mitoloxía nórdica, fillo de Fenrisulfr e irmán xemelgo de Hati.
Índice |
[editar] Notas
- ↑ Discovery Circumstances from JPL
- ↑ 2,0 2,1 MPEC 2006-M45: Eight New Satellites of Saturn 26 de xuño do 2006 (descubrimento e efemérides)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Scott Sheppard's pages
- ↑ IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento)
- ↑ IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizo da lúa)
- Efemérides from IAU-MPC NSES
- Principais parámetros orbitais from NASA JPL
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||