Fenrir (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fenrir
Descubrimento[1]
Descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna.
Localización do descubrimento Subaru, Gemini, Keck
Descuberta no 2004
Designacións alternativas Saturno XLI ou S/2004 S 16[1][2]
Características orbitais[3]
Eixo semi-maior 22 454 000 km
Excentricidade 0,1363
Período orbital 1260,35 d
(3,45 a)
Anomalía media 146,614°
Inclinación 164,955°
Lonxitude do nodo ascendente 330,95°
Argumento da periapse 120,264°
Satelite de Saturno
Características físicas
Dimensións ~4 km[4]
Albedo 0,04 [1] asumido
Magnitude aparente 25,0[4]

Fenrir ou Saturno XLI, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005, a partir de observacións feitas entre o 13 de xaneiro e o 5 de marzo do 2005 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 16. Este satélite foi descuberto usando algúns dos telescopios terrestres máis potentes do planeta.[1]

Fenrir ten unha magnitude aparente de 25,[4] facendo dela unha das lúas menos brillantes do Sistema Solar. É o redor de 1.000 millóns (10−9) de veces menos brillantes ca Saturno. Fenrir ten uns 4 kms de diámetro[4] e orbita Saturno a unha distancia media de 22,454 millóns de kms en 1260 días, cunha inclinación orbital de 163° respecto da eclíptica (143° respecto do ecuador de Saturno) e cunha excentricidade de 0,136. A lúa posúe un movemento retrógrado (orbita Saturno na dirección oposta á dirección de rotación do planeta) suxerindo que esta lúa irregular foi capturada por Saturno.[5]

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007[2] a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Fenrisulfr era un lobo xigante, pai de Hati e Skoll, fillo de Loki, Destinado a rompe-las súas cadeas co Ragnarok.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Daniel W. E. Green (04-05-2005). Unión Astronómica Internacional, ed. "IAUC 8523: NEW Sats OF SATURN". 
  2. 2,0 2,1 Daniel W. E. Green (05-04-2007). Unión Astronómica Internacional, ed. "IAUC 8826: Sats OF JUPITER, SATURN". 
  3. Jacobson, R.A. (2007) SAT270, SAT271 (03-04-2009). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 30-07-2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Scott S. Sheppard. Carnegie Institution (Department of Terrestrial Magnetism), ed. "Saturn's Known Satellites". Arquivado dende o orixinal o 15-05-2011. Consultado o 30-07-2009. 
  5. David C. Jewitt. University of Hawaii (Institute for Astronomy), ed. "Twelve New Moons for Saturn - 3 de maio do 2005". Arquivado dende o orixinal o 11-05-2005. Consultado o 30-07-2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]