Voyager 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonda Voyager 1.

A sonda espacial Voyager 1 foi lanzada ao espazo o 5 de setembro de 1977 pola NASA. A súa misión era estudar o Sistema Solar e o espazo interestelar. Actualmente atópase nos límites do Sistema Solar e aínda segue recibindo e emitindo datos. Trátase do obxecto inventado polo home que se atopa máis lonxe do planeta Terra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traxectoria inicial da sonda Voyager 1

Chegou a Xúpiter no ano 1979 sufrindo unha aceleración debido ao seu campo gravitacional. No ano 1980 pasou por Saturno e o seu satélite Titán impulsándose ata os confíns do Sistema Solar. No ano 1990 tomou unha fotografía do planeta Terra a unha distancia de 6.000 millóns de km na que se albisca o noso planeta como un punto ao que se lle chamou Punto azul pálido (pale blue dot).

No ano 2011 atopábase a 17.400 millóns de km de distancia do planeta Terra e en 2013 tornouse no primeiro aparello humano en deixar o Sistema Solar. [1]

Fonte de alimentación[editar | editar a fonte]

Ten como fonte de enerxía a electricidade producida por un xerador radioactivo de plutonio-238. Está previsto o esgotamento da fonte de alimentación no ano 2025.

Disco de Ouro[editar | editar a fonte]

Leva a bordo un disco de ouro deseñado polo profesor Carl Sagan no que están gravadas mensaxes que poderán ser lidas e interpretadas por unha posible civilización extraterrestre.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Voyager 1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]