Calipso (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calipso
N00151485 Calypso crop.jpg
Imaxe de Calipso tomada pola Cassini o 13 de febreiro do 2010.
Descubrimento
Descuberta por Pascu, Seidelmann,
Baum e Currie
Descuberta no 13 de marzo de 1980
Designación alternativa Saturno XIV
Tetis C
Características orbitais
Eixo semi-maior 294.619 km
Excentricidade 0
Período orbital 1,887802 días[1]
Inclinación 1,56° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 30 × 23 × 14 km[2]
Radio medio 10,7 ± 1,0 km[2]
Período de rotación sincrónica
Albedo 1,34 ± 0,10 (xeométrico)[3]
Oblicuidade cero


Calipso (ou en grego Καλυψώ) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta en 1980, a partir de observacións terrestres, por Dan Pascu, P. Kenneth Seidelmann, William A. Baum, e Douglas G. Currie, e recibiu a designación provisional de S/1980 S 25.[4] Nos meses posteriores quedarían rexistradas varias aparicións máis, coas súas designacións temporais incluídas: S/1980 S 29, S/1980 S 30,[5] S/1980 S 32,[6] e S/1981 S 2.[7] En 1983 recibiría oficialmente o nome de Calipso, procedente da mitoloxía grega[8]. Tamén é coñecido coma Saturno XIV ou Tetis C.

Calipso é unha lúa co-orbital de Tetis, e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann e o seu equipo en 1981.[9] A lúa Telesto reside no outro punto de Langrage (no de vangarda) de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos asteroides Troianos, hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, Polideuco e Helena, que son troianas de Dione.

Coma outros satélites pequenos de Saturno, Calipso é de forma irregular, cuberta de cráteres e semella que perdeu parte do material da súa superficie, xa que moitos cráteres amosan un revelo moi suave. A súa superficie é unha das de maior poder de refracción (en lonxitudes de onde visible) dentro do Sistema Solar, cun albedo xeométrico de 1,34.[3] Este alto albedo é o resultado do pulido de chorro de area feito polas partículas do anel E, un anel feble, composto principalmete de particulas de xeo de auga xeradas polos geysers do polo sur de Encelado .[10]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NASA Celestia
  2. 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites". Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768. http://www.lpi.usra.edu/meetings/lpsc2006/pdf/2289.pdf. 
  3. 3,0 3,1 Verbiscer, A. (2007). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315 (5813): 815. DOI:10.1126/science.1134681. PMID 17289992.  p. 815 (material con soporte en liña, táboa S1)
  4. IAUC 3496: Satellites of Saturn 31 de xullo de 1980 (descubrimento)
  5. IAUC 3549: Satellites of Saturn 11 de decembro de 1980
  6. IAUC 3605: Satellites of Saturn 18 de maio de 1981
  7. IAUC 3593: Satellites of Saturn 16 de abril de 1981
  8. Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nome de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983)
  9. Seidelmann, P (1981). "Saturn satellite observations and orbits from the 1980 ring plane crossing". Icarus 47: 282. DOI:10.1016/0019-1035(81)90172-X. 
  10. New Close-Ups of Saturn’s Moons Mimas and Calypso

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]