Enerxía potencial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A enerxía potencial é un tipo de enerxía mecánica que procede da posición dun obxecto nun campo gravitacional. Como exemplo, a gravidade na superficie terrestre supón unha aceleración sobre os corpos con masa e polo tanto unha forza. Se esta forza realiza un traballo nunha caída libre, o sistema debe obter a enerxía da súa posición (pois canto máis cae, máis enerxía cinética ten): é a enerxía potencial.

O seu valor absoluto pode calcularse grazas á lei de gravitación universal asignada a Isaac Newton, que relaciona a forza de atracción entre dous corpos coas masas e inversamente proporcional á distancia. Así valerá:

 E_p = - G \frac{M \, m}{d} \,

onde G é a constante da gravitación universal, M e m as masas dos corpos e d a distancia entre os seus baricentros ou centro de gravidade.

O seu valor relativo e práctico na superficie terrestre calcúlase mediante a fórmula:

 E_p = m \, g \, A

onde m é a masa, g a aceleración da gravidade na terra (aproximadamente 9'8 ó nivel do mar) e A a altura respecto a un punto tomado coma referencia, tamén xeralmente o nivel do mar.