Planeta anano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un planeta anano e unha categoría de corpos celestes no sistema solar acordada pola Unión Astronómica Internacional (IAU) o 24 de agosto de 2006.

Esta resolución describe un planeta anano coma un obxecto que:

  • está na órbita arredor do Sol,
  • a súa gravidade supera as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica)
  • non limpou o espazo circundante da súa órbita,
  • non é un satélite dun planeta ou doutro corpo non estelar.

Esta definición incorpora a Plutón entre os planetas ananos, e deixa de ser planeta porque non liberou o espazo circundante da súa orbita, o Cinto de Kuiper, e o seu planeta dobre Caronte.

Listaxe de planetas ananos[editar | editar a fonte]

A IAU identificou oficialmente tres corpos celestes que inmediatamente recibiron a clasificación de "planeta anano" [1]:

Obxecto Tipo Diámetro
(km)
Masa
(kg)
Planetas ananos
Nome Categoría Diámetro Masa
Ceres Asteroide 975×909 km 9.5 × 1020 kg
Plutón Plutoniano 2306±20 km ~1.305 × 1022 kg
Haumea Plutoniano 1.150 (−100 +250) km 4,006 ± 0,040 × 1021 kg
Makemake Plutoniano 1.300–1.900 km ~4 × 1021 kg
Eris Obxecto disco espallado 2400 km ± 100 km descoñecida

Adicionalmente, hai outros corpos que poderían ser considerados "planetas ananos". Destes seguintes crese que teñen un diámetro maior ca 750 quilómetros en diámetro:

Posibles planetas ananos
Nome Categoría Diámetro Masa
2005 FY9 ("Coello de Pascua") Cubewano 1600 – 2000? km descoñecida
Orcus Plutoniano 840 - 1880 km 6.2 - 7.0 × 1020 kg
Sedna Obxecto disco espallado 1180–1800 km 1.7-6.1 × 1021 kg
"Santa" Cubewano ~ 1500 km ~4.2 × 1021 kg
50000 Quaoar Cubewano 989 - 1346? km 1.0-2.6 × 1021 kg
Caronte Plutoniano 1207 km ± 3 km (1.52±0.06)×1021 kg
2002 TC302 Obxecto disco espallado ≤ 1200 km descoñecida
Varuna Cubewano ~936 km ~5.9 × 1020 kg
2002 UX25 Cubewano ~910 km ~7.9 × 1020 kg
2002 TX300 Cubewano <900 km descoñecida
Ixión Plutoniano <822 km descoñecida
2002 AW197 Cubewano 700±50 km descoñecido

(Véxase Mesoplaneta para entender mellor os métodos de clasificación.)

Malia o novo sistema de clasificación, mantéñense outros termos coma os de asteroide e obxecto do Cinto de Kuiper. Estas definicións baséanse na situación do corpo no sistema solar e/ou a súa composición e historia. Ceres segue a ser o asteroide mais grande e Plutón continúa a ser un obxecto do Cinto de Kuiper malia a súa clasificación coma planetas ananos.

O estado de Caronte, hoxe en día considerado un satélite de Plutón, segue a ser incerto. Isto débese a que non hai unha definición clara de que constitúe un satélite nun sistema binario coma o caso de Plutón e Caronte, que orbitan entre si arredor dun punto do espazo.

O asteroide mais grande tras Ceres, Vesta, semella semi-esférico, pois ten un lado plano, namentres que Palas e Hixiea son irregulares mais parcialmente redondeados pola gravidade, polo que poderían entrar nos novos criterios da IAU.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IAU 2006 General Assembly: Result of the IAU Resolution votes". http://www.iau.org/public_press/news/detail/iau0603/. Consultado o 29-05-2010.
  2. "Three new planets may join solar system". New Scientist. http://www.newscientistspace.com/article.ns?id=dn9761&feedId=online-news_rss20F53. Consultado o 16-08-2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]