Cinto de asteroides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escala relativa de varios asteroides
Escala relativa de varios asteroides

O Cinto de asteroides é unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter onde se localiza un gran número de asteroides. O maior deles é 1 Ceres.

É o cinto principal de asteroides, xa que existen concentracións de planetoides en áreas como, por exemplo, o espazo entre Xúpiter e Neptuno, onde se localizan os centaurus.

Orixe[editar | editar a fonte]

Crese que, durante o primeiro millón de anos da historia do sistema solar, os planetas formáronse por agregación de planetésimos. As colisións sucesivas levaron aos típicos planetas rochosos e aos de núcleo gasoso.

No entanto, nesta zona do sistema, a forte gravidade de Xúpiter imposibilitou as últimas fases, e os planetésimos non conseguiron agruparse nun único planeta. Así, continuaron a orbitar o Sol como antes. Neste sentido, o cinto de asteroides pode ser considerado unha reliquia do sistema solar primitivo, aínda que moitas observacións apunten a unha evolución das condicións físicas, polo que os asteroides non poden ser considerados como obxectos estáticos. Pola contra, crese que os obxectos do cinto de Kuiper sufriron poucas alteracións desde a formación do sistema solar.

Lista de asteroides identificados[editar | editar a fonte]

(Lista incompleta)

Outros obxectos no cinto de asteroides[editar | editar a fonte]

O cinto de asteroides contén outros corpos, como os cometas de tipo 'Main belt' (Cinto principal).[1]

Outras características da zona[editar | editar a fonte]

Datos do Telescopio Espacial James Webb sobre o Cometa Read, do tipo Main Belt,permitiron determinar en 2023 que os obxectos da zona poden conservar auga en forma de xeo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Webb finds water, and a new mystery, in rare main-belt comet". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]