Fornjot (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fornjot, or Saturno XLII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005, a partir de observacións feitas entre o 12 de xaneiro do 2004 e o 11 de marzo do 2005 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 8.

Fornjot ten uns 6 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 23,609 millóns de kms en 1354 días, cunha inclinación orbital de 168° respecto da eclíptica (160° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,186.

Recibiu o seu nome oficial a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Fornjót era un xigante, pai de Ægir, Kari e Loge.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]