Reiquiavik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Reykjavík")

Coordenadas: 64°08′00″N 21°56′00″W / 64.13333°N 21.93333°W / 64.13333; -21.93333

Reiquiavik
Reykjavík (en islandés)
Flag of Reykjavik, Iceland.svg Reykjavik Coat of Arms.svg
Reykjavikfromabove.jpg
Vista aérea da cidade
Situación xeográfica
Reiquiavik en Islandia
Reiquiavik
Reiquiavik
País Islandia Islandia
Distrito electoral Reiquiavik norte
Reiquiavik sur
Xeografía
Altitude 63 msnm
Superficie 274,5 km²
Poboación
Poboación 119.108 hab. (2011)
Densidade 436,5 hab./km²
Información
Código postal 101-155
Alcalde Jón Gnarr
Páxina web Páxina oficial de Reiquiavik

Reiquiavik (en islandésReykjavík[ˈreiːkjaˌviːk] (AFI)Reykjavík.ogg escoitar, co significado de baía fumeante) é a capital de Islandia e debido á súa posición é tamén a capital máis setentrional do mundo. Durante o inverno só recibe catro horas de luz solar e durante o verán as noites son tan claras coma o día. A cidade está situada ós 64° 04' de latitude norte, moi preto do círculo polar ártico, nunha zona onde abondan os geyseres. De acordo coa saga, a cidade está emprazada no sitio no que se instalou o primeiro colonizador, Ingólfur Arnarson. En 1786 o asentamento de 302 habitantes converteuse nun municipio e actualmente é a cidade máis poboada do país, con máis da mitade da súa poboación.

Cidade totalmente libre de contaminación, cun fermoso lago no seu casco antigo, Reykjavík é un centro bullangueiro de comercio e goberno, industria e cultura.

Alí atópanse as institucións gobernamentais, as librería e os museos, a Universidade e institucións de investigación, as oficinas centrais de comunicación (radio, televisión e periódicos), os teatros profesionais e orquestras, as cortes de xustiza, piscinas ó aire libre e estadios de deportes, liñas marítimas, aéreas e compañías de transporte colectivo, factorías e plantas procesadoras de peixe.

Entre outros edificios están: o Parlamento (erixido en 1881) e a casa do Goberno (de mediados do século XVIII) ámbolos dous no centro vello de Reykjavík, entre o peirao e o lago.

Preto están a Librería e o Teatro Nacional situadas xuntas detrás dunha estatua do primeiro colonizador. Na área universitaria están a Universidade e os seus hoteis de estudantes, o Museo Nacional e a Casa Nórdica (deseñada polo famoso arquitecto finés Alvar Aalto). Hai abondosas igrexas antigas e novas, entre a vella Catedral preto do Parlamento e a altísima nova Hallgrímskirkja. O Museo Folclórico de Arbaer, nun dos suburbios de leste, mostra vellas casas de Reykjavík reconstruídas no seu estilo orixinal, como así tamén unha igrexa rural tradicional e unha granxa, ámbalas dúas con teitos de turba e pasto.

Un dos mellores ríos de salmóns corre xusto a través do sector leste da capital.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Reykjavík está situada sobre a marxe sudoeste de Islandia, na ribeira Faxaflói. O área costeira de Reykjavík caracterizase pola presenza de penínsulas, enseadas, estreitos e pequenas illas. A maior parte da cidade de Reykjavík está situada sobre a península Seltjarnarnes, pero os suburbios esténdense ó sur e leste da península.

Reykjavík é unha cidade dispersa; a maior parte da área urbana presentase na forma de suburbios de baixa densidade e as casas, polo xeral, atópanse a distancias espaciadas.

As veciñanzas residenciais exteriores están máis espaciados e entre elas corren as principais arterias do tráfico e hai moitos espazos baleiros con pequeno valor recreacional ou estético.

Foron as xeracións máis novas as que contribuíron a este tipo de urbanismo. O maior río que atravesa Reykjavík é o río Elliðaár, o cal non é navegábel. A montaña máis alta nas veciñanzas de Reykjavík é Monte Esja, cuns 914 metros de altitude.

Clima[editar | editar a fonte]

A pesares da súa localización no atlántico norte, Reykjavík non é tan fría como cabería agardar. As temperaturas medias no inverno acadan resultados semellantes a cidades como Toronto ou Nova York. Estas temperaturas son debidas á morna Corrente do Golfo, Reykjavík ten unha temperatura media anual de 5 °C, sendo a temperatura media en xaneiro de –0.4 °C e en xullo 11,2 °C. A localización costeira da cidade fai que esta sexa ventosa, sendo comúns os vendavais no inverno. Reykjavík tamén é unha cidade húmida, tendo unha media de 213 días de chuvia.

Mes Xan Feb Mar Abr Maio Xuño Xul Agost Set Oct Nov Dec Ano
Media alta 2°C (36°F) 2.5°C (37°F) 4°C (39°F) 6°C (43°F) 10°C (50°F) 12°C (54°F) 14°C (57°F) 14°C (57°F) 11°C (52°F) 7°C (45°F) 4°C (45°F) 2°C (36°F) 7.4°C (45°F)
Media baixa -2°C (28°F) -2°C (28°F) -1°C (30°F) 1°C (34°F) 4°C (39°F) 7°C (45°F) 9°C (48°F) 8°C (46°F) 6°C (43°F) 3°C (37°F) 0°C (32°F) -1°C (30°F) 2.7°C (36.9°F)
Total chuvia 89mm (3.5") 64mm (2.5") 62mm (2.4") 56mm (2.2") 42mm (1.7") 42mm (1.7") 50mm (2.0") 56mm (2.2") 67mm (2.6") 94mm (3.7") 78mm (3.1") 79mm (3.1") 779mm (30.7")

Historia[editar | editar a fonte]

Rúa de Reykjavik

870: Asentamento

Crese que o primeiro asentamento de noruegueses sucedeu na zona de Reykjavík liderado por Ingólfur Arnarson para o ano 870 DC. Isto está rexistrado no Landnámabók (o Libro do Asentamento). Debido ós vapores das fontes termais, a cidade recibiu o nome Reykjavík, que en islandés significa "Baía fumeante".

1752: Industrialización

Reykjavík non é mencionada en ningunha fonte medieval senón coma unha terra rural, porén, para o século XVIII deu comezo á industrialización e polo tanto, ó crecemento urbano. Os gobernantes de Dinamarca apoiaron ideas dunha industria doméstica en Islandia que axudaría a traé-lo progreso tan esperado á illa. En 1752 o Rei de Dinamarca doou o estado de Reykjavík á Corporación Innréttingar; o nome vén do danés (indretninger) e significa emprendedor.

Na década de 1750 construíronse varias casas para albergaren algodón, industria que foi o maior empregador en Reykjavík e a razón da súa existencia por varias décadas.

Outras manufacturas de Innréttingar eran: a pesca, a extracción do xofre, agricultura e construción de barcos.

1786: Movementos do comercio

En 1786 a Corona Danesa aboliu o seu monopolio comercial e concedeu a seis comunidades arredor da cidade unha ruta de comercio exclusiva, Reykjavík era unha desas comunidades e a única en manter esa comunicación permanentemente. 1786 é considerado o ano da fundación de Reykjavík, en 1986 cumpriu os seus 200 anos. Porén, os dereitos comerciais aínda estaban limitados ós asuntos da Coroa Danesa e á medida que os comerciantes daneses dominaron o comercio islandés, os seus negocios expandíronse. Despois de 1880, o libre comercio *enfetou a expandirse a tódolos países e a influencia dos mercantes islandeses comezou a medrar.

1845: Declaración de Capital de Islandia

O movemento nacionalista gañou moita influencia durante o século XIX, e as ideas sobre a independencia de Islandia *enfetaron a estenderse. Como Reykjavík era a única cidade de Islandia, converteuse no punto de concentración desas ideas. Os partidarios do movemento independentista sabían que Reykjavík debía ser forte para lograr ese obxectivo. Os anos máis importantes da loita pro-independencia foron moi importantes para a cidade. No ano 1845, o Alþingi, a Asemblea Xeral que os islandeses crearon en 930 foi reaberto esta vez en Reykjavík, despois de terse suspendido varias décadas atrás en Þingvellir, a súa situación orixinal. Naquel intre Alþingi cumpría as funcións dunha Asemblea Consultiva, que suxestionaba ó Rei as accións a tomar respecto a diferentes temas do país. A situación do Alþingi en Reykjavík fixo que a cidade se convertera efectivamente na capital de Islandia.

En 1874 Islandia tivo a súa primeira constitución e con ela o Alþingi obtivo algúns poderes lexislativos limitados e en esencia converteuse na institución de hoxe en día. O paso seguinte era o de pasá-lo poder executivo a Islandia, e iso acadouse grazas á Casa de Goberno en 1904 cando se estableceu a oficina do Primeiro Ministro en Reykjavík. O maior paso á independencia foi dado o 1 de decembro de 1918 cando o país se converteu nun estado soberano da Coroa de Dinamarca.

1918-1944: Baixo a ocupación e da creación da República

Nas décadas de 1920 e 1930 comezou a salientar unha crecente industria pesqueira en Reykjavík, sendo o bacallau o principal produto. Porén, para finais de 1929 a Gran Depresión golpeou á cidade coa desocupación e conflitos gremiais, dos cales moitos remataron en violencia.

Na mañá do 10 de maio de 1940, catro acorazados de guerra chegaron a Reykjavík e anclaron no peirao levando tranquilidade á poboación, xa que eran británicos e non alemáns. En poucas horas, a ocupación aliada completouse sen escalada de violencia. O goberno islandés recibiu de parte do goberno británico o pedido para a ocupación, pero esta sempre foi declinada, en base á política neutral adoptada polo país. Nos seguintes anos que quedaban da Segunda Guerra Mundial, os soldados británicos e posteriormente estadounidenses construíron bases en Reykjavík. O número de soldados estranxeiros en Reykjavík era equivalente á poboación actual da cidade.

Os efectos económicos da ocupación foron moi positivos para a cidade cando desapareceron os efectos da Gran Depresión e a demanda aumentou coma nunca antes. Os británicos construíron o aeroporto de Reykjavík, que aínda opera, e os estadounidenses construíron o Aeroporto Internacional de Keflavík, a uns 50 km. da capital.

O 17 de xuño de 1944 fundouse a República de Islandia, e un presidente elixido polo voto popular asumiu as funcions do monarca danés.

Décadas de 1950-1970: Crecemento da Posguerra

Nos anos de posguerra, o crecemento de Reykjavík fortaleceuse. Un éxodo de campesiños empezou a poboa-la cidade principalmente debido ás melloras na tecnoloxía da agricultura que reduciu a forza laboral de aquel sector e debido á explosión demográfica provocada polas mellores condicións de vida en Islandia. O grupo de migración a Reykjavík estaba formado, principalmente, por xente nova que chega á cidade para alcanzá-lo "Soño de Reykjavík" e co tempo a capital converteuse na cidade dos nenos. A planificación urbana modificouse de maneira moi notable coa construción de complexos habitacionais nas zoas dos suburbios.

En 1972, Reykjavík foi sede do campionato mundial de xadrez entre Bobby Fischer e Boris Spassky.

Décadas 1980-90 ata o século XXI

Nas derradeiras dúas décadas, Reykjavík converteuse nun centro importante da comunidade global. En 1986 foi sede do cumio entre Ronald Reagan e Mikhail Gorbachov, remarcando o novo status político de Reykjavík. A desregulación do sector financeiro e a revolución informática contribuíron a unha nova transformación de Reykjavík. O sector financeiro e a tecnoloxía da información son os principais empregadores da cidade.

Reykjavík tamén contribuíu á cultura con famosas personalidades como a cantante Björk e mais a banda de rock Sigur Rós.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Reykjavík en 2007 era de 117.721; 58.762 homes e 58.959 mulleres. A poboación combinada do área metropolitana de Reykjavík en 2007 era de 200.000 A área metropolitana de Reykjavík está formada por seis municipalidades:

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1801 1860 1901 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980
600 1 450 6 321 17 450 28 052 38 308 55 980 72 407 81 690 83 766
1985 1990 1995 2003 2005 2006 2007
89 868 97 569 104 258 113 387 114 800 115 420 117 099

Xeografía urbana[editar | editar a fonte]

Mapa admisnitrativo de Reiquiavik.
Barrio 1 – Vesturbær
Gamli Vesturbærinn, Bráðræðisholt, Grandar, Hagar, Melar, Skjól, Grímsstaðaholt, Skildinganes e Litli Skerjafjörður.
Barrio 2 – Miðborg
Tjarnarbrekka, Víkin, Arnarhóll, Skuggahverfi, Laufás, Spítalahlíð, Þingholt, Ásgarður, e Tungan.
Barrio 3 – Hlíðar
Norðurmýri, Hlíðar, Hlemmur, Holt, Suðurhlíðar, Öskjuhlíð e Nauthólsvík.
Barrio 4 – Laugardalur
Tún, Teigar, Lækir, Laugarnes, Sund, Heimar, Langholt, Vogar, Skeifan e Fen.
Barrio 5 – Háaleiti
Háaleiti, Múlar, Kringlan, Bústaðir, Fossvogur, Smáíbúðahverfi e Blesugróf.
Barrio 6 – Breiðholt
Hólar, Fell, Berg, Sel, Skógar, Bakkar, Stekkir e Mjódd.
Barrio 7 – Árbæjarhverfi
Selás, Árbær, Ártúnsholt, Bæjarháls, Norðlingaholt e Grafarholt.
Barrio 8 – Grafarvogur
Hamrar, Foldir, Hús, Rimar, Borgir, Víkur, Engi, Spöng, Staðir, Höfðar, Bryggjuhverfi, Geirsnef, Gufunes e Geldinganes.
Barrio 9 – Kjalarnes
Kjalarnes e Álfsnes.
Barrio 10 – Úlfarsfell.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Reykjavík está irmandada coas seguintes cidades:

Predecesor:
Alemaña Weimar
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Francia Aviñón
Galicia Santiago de Compostela
Flag of Norway.svg Bergen
Italia Boloña
Bélxica Bruxelas
Polonia Cracovia
Finlandia Helsinqui
República Checa Praga

2000
Sucesor:
Flag of the Netherlands.svg Róterdan
Flag of Portugal.svg Porto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Reiquiavik

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]