Akhisar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Akhisar é unha cidade de 90.000 habitantes, localizada na provincia de Manisa, Turquía, coñecida nos templos bíblicos como Thyatira, unha das sete igrexas da Apocalipse.

As investigacións arqueolóxicas proban a existencia dun asentamento cando menos dende o 3.000 a.C. situado nunha importante encrucillada comercial, foi unha das primeiras cidades lidias en usar moeda. Arredor do 500 a.C. os persas conquistan a cidade. Alexandre Magno tamén se fai co seu control, e no 80 a.C. serán os romanos os que a gobernen. No ano 214, Akhisar, convértese na capital dun conventus romano. En 1307 os turcos controlan a cidade.

Actualmente, é o centro dunha rexión produtora de tabaco e aceite

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akhisar