Boris Spassky
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
| Boris Spassky | |
|---|---|
| Boris Spassky | |
| Nacemento: | 30 de xaneiro de 1937 San Petersburgo |
| Nacionalidade: | Rusa |
| Ocupación: | Xogador de xadrez |
Boris Vasilievich Spassky, nado o 30 de xaneiro de 1937 en Leningrado (actual San Petersburgo), foi un xadrecista ruso. Proclamouse 10º Campión do Mundo de Xadrez en 1969 ao derrotar ao tamén soviético Tigran Petrosian.
Traxectoria [editar]
Máis que pola súa contribución ao desenvolvemento do xadrez, é coñecido por ser o xogador ao que bateu o estadounidense Robert J. Fischer no match disputado en Reykjavík (Islandia) en 1972, ao cal denominouse match do século. Celebrouse en plena guerra fría e foi todo un símbolo do enfrontamento entre as dúas superpotencias. Ata ese momento, Fischer non gañara a Spassky, que ademais preparou o campionato con Efim Geller, o cal tamén superara a Fischer no pasado. Pero o estadounidense gañou con contundencia mediante unha serie de saídas sorprendentes, que buscaban tirar por terra a preparación de Spassky.
Mais tarde, participou en varios ciclos clasificatorios para o título mundial. En 1975 foi eliminado en semifinais por Anatoli Karpov, futuro campión do mundo. En 1978 chegou ata a final, onde foi derrotado por Viktor Korchnoi.
En 1992 xogou un match de desquite contra Bobby Fischer, onde volveu ser derrotado. Neste último match, o nivel dos contendentes distaba moito do que lles encumbrou no mundo do xadrez, pero creou unha grande expectación, xa que supuña o regreso de Bobby Fischer aos taboleiros logo de 20 anos de ausencia.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Boris Spassky en ChessGames.com (en inglés)
- 60 posicions críticas das suas partidas (en inglés)
- All Boris Spassky Games (en inglés)
- Boris Spassky, desde Rusia con amor(en castelán)
| Anterior: Tigran Petrosian |
Campión do mundo de Xadrez 1969–1972 |
Siguiente: Bobby Fischer |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado co xadrez é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co xadrez que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |