Höfuðborgarsvæði

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Höfuðborgarsvæði
Mapa
Höfuðborgarsvæði.svg
Información
Capital
Poboación
Reiquiavik
120.165 hab. (2008)
Entidade
País
Rexión administrativa
Flag of Iceland.svg Islandia
Subdivisións 1 condado
8 municipios
Superficie 1.062 km²
Poboación
* Densidade
200.852 hab. (2008)
187.4 hab/km²

Höfuðborgarsvæði (en galego: Distrito da Capital) é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. Correspóndese coa área metropolitana da súa capital, Reiquiavik.

Demografía[editar | editar a fonte]

Höfuðborgarsvæði é con moito a rexión máis habitada do país, ao ter unha poboación de 200,852 habitantes (2009), o que supón un 62,1% da poboación total do país para unha rexión que constitúe unicamente un 1% da superficie total do país. A súa área é de 1.062 km², e a súa densidade de poboación é de 187.4 habitantes por quilómetro cadrado.

Evolución demográfica da rexión
Ano Poboación Porcentaxe da
poboación islandesa
1920 21 441 22,70 %
1930 33 854 31,16 %
1940 43 841 36,06 %
1950 65 080 45,10 %
1960 89 493 49,93 %
1970 109 238 53,40 %
1980 121 698 52,65 %
1990 145 980 56,65 %
2000 175 000 61,44 %
2007 196 161 62,30 %

Condados[editar | editar a fonte]

Na rexión de Höfuðborgarsvæði está situado un dos vinte e tres condados de Islandia, o de Kjósarsýsla.

Municipios[editar | editar a fonte]

Mapa que mostra a relación dos sete municipios coa cidade de Reikjavík.

A área metropilitana de Reiquiavik comprende os seguintes municipios:

Con respecto á capital, os municipios están localizados do seguinte xeito:

Cada municipio ten o seu propio concello independentemente elixido.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Suburbios de Reykjavík:      Grafarvogur.      Árbær.      Breiðholt.

A cidade de Reiquiavik está situada na península de Seltjarnarnes, cuxa extensión é de 8 km. de longo por 5 km. de ancho e se estende dende a costa suroriental da baía de Faxaflói. A súa paisaxe posúe varios pequenos outeiros e un val principal, o Laugardalur. Na costa norte de Seltjarnarnes hai unha pequena baía chamada Reiquiavik, e na súa beira se atopa o centro histórico e a parte máis antiga da cidade.

A raíz do seu desenvolvemento ao longo das décadas, o centro xeográfico da área metropolitana está na actualidade en Kópavogur, o segundo municipio en poboación máis grande do país. Cinco dos seis núcleos urbanos da área desenvolvéronse nos últimos 50 a 70 anos, a excepción de Hafnarfjörður, que era unha antiga vila pesqueira.

A meirande parte da poboación da área vive na península de Seltjarnarnes ou nos tres suburbios de Reiquiavik. Cada un deles foi planeado de xeito individual, e entre estes existen grandes áreas verdes sen edificar. Estes suburbios son de sur a norte:

  • Breiðholt: o suburbio máis grande.
  • Árbær: é o suburbio máis pequeno, mais inclúe a rúa máis populosa do país, Hraunbær, con 2.403 habitantes.
  • Grafarvogur: o suburbio máis austral.

Grafarholt tamén é un distrito residencial, mais ao ser pequeno é considerado como parte de Grafarvogur.

Todos estes núcleos están localizados ao sueste de Reiquiavik. A paisaxe da área caracterízase polas súas pequenas penínsulas, baías e centos de illotes. A península Seltjarnarnes esténdese de sur a oeste, estando separada do continente por unha baía que se estende de norte a sur, directamente a través da península. Seltjarnarnes só se une con terra firme polo sur.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]