Keflavík

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Keflavík é unha das cidades máis poboadas de Islandia, cuns 13.000 habitantes, e está situada a aproximadamente 40 quilómetros ao sur de Reiquiavik.

Fundada no século XVI, Keflavík desenvolveuse grazas á súa industria pesqueira e do peixe. Nos anos corenta do século XX os Estados Unidos construíron o Aeroporto Internacional de Keflavík, o que axudou á zona a medrar aínda máis. O aeroporto adoitou ter unha importante base militar da OTAN e foi un importante posto de recarga dos antigos voos transoceánicos que necesitaban repostaxe.

Durante a Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría, a estación aeronáutica de Keflavik xogou un papel moi importante como controlador do trafico mariño e submarino dende os mares de Noruega e da Groenlandia ata o océano Atlántico. Durante a Guerra Fría engadíronse tropas aéreas dos Estados Unidos para proporcionar control por radar, captación de inimigos, reposición de combustíbel no aire e rescates aéreos e mariños.