Ingólfur Arnarson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ingólfur Arnarson
Nacementoc. 848
Lugar de nacementoRivedal
Falecementoc. 910
Lugar de falecementoIslândia
NacionalidadeReino da Noruega (872-1397)
Ocupaciónexplorador e Goði
CónxuxeHallveig Fróðadóttir
FillosÞorsteinn Ingólfsson
editar datos en Wikidata ]

Ingólfur Arnarson, nado en 849 e finado en 910 en Reiquiavik, considérase o primeiro colono nórdico de Islandia. Porén, non foi o primeiro escandinavo en visitar a illa, e vivir nela. O primeiro foi o viquingo sueco Gardar Svavarsson, quen permaneceu durante un inverno na que agora é a localidade de Húsavík.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 874, Ingólfur estableceu a súa residencia en Reiquiavik, o que supuxo o comezo da colonización da illa, a cal durou ata o ano 930. A lenda narra que ao achegarse a terra descoñecida, Ingólfur ordenou guinda-lo mastro principal da súa embarcación ao mar. A súa intención era establecer o asentamento alí onde fose parar o mastro. Dese xeito, naceu a actual capital da Islandia, Reiquiavik.