Sigur Rós
| Sigur Rós | |
|---|---|
Concerto en Reykjavik, 2005 |
|
| Información | |
| Orixe | Reykjavik, Islandia |
| Período | 1994- |
| Xénero(s) | Post-rock, rock progresivo, música experimental, dream pop, ambient |
| Selo(s) discográfico(s) | Fatcat Records, Geffen Records, EMI, Smekkleysa Records |
| Membros | Jón Þór Birgisson Georg Hólm Kjartan Sveinsson Orri Páll Dýrason |
| Antigos membros | Ágúst Ævar Gunnarsson |
| Web oficial | sigur-ros.co.uk |
Sigur Rós é un grupo islandés de post-rock, con elementos de shoegazing e minimalismo. O nome é islandés, pronúnciase ['sɪɣʏr rous'] no Alfabeto Fonético Internacional e significa "rosa de vitoria".
Índice |
Membros [editar]
Sigur Rós estaba composto orixinalmente por Jón Þór Birgisson (Jónsi, guitarra e voz), Georg Hólm (Goggi, baixo) e Ágúst Ævar Gunnarsson (batería). En 1999 ingresou na banda Kjartan Sveinsson (Kjarri, teclado) para a publicación de Ágætis byrjun. Tamén en 1999, trala gravación deste disco, Orri Páll Dýrason substitúe a Ágúst Ævar Gunnarsson na batería.
Historia [editar]
Jón Þór Birgisson (Jónsi), Georg Hólm e Ágúst Ævar Gunnarsson formaron o grupo en Reykjavík, Islandia, en agosto de 1994. O nome do grupo foi tomado da irmá menor de Jónsi, chamada Sigurrós, que naceu o mesmo día. O grupo axiña asinou un contrato coa discográfica local Bad Taste. En 1997 lanzaron Von (Esperanza) e en 1998 a colección de remezclas Von brigði (Vonbrigði significa en islandés "decepción", pero Von brigði significa "alteración da esperanza"). En inglés, o álbum Von brigði é coñecido usualmente polo seu nombre alternativo, "Recycle Bin" (papeleira de reciclaxe.)
O recoñecemento internacional chegou en 1999 co lanzamento de Ágætis byrjun (Un bo comezo), para o que o grupo integrou a Kjartan Sveinsson.
En 2002 lanzouse o anticipado álbum ( ). Tódalas cancións foron publicadas sen título, sendo posteriormente publicados os seus nomes na páxina web oficial. Tódalas cancións son cantadas completamente nunha linguaxe fonética improvisada chamada "vonlenska" (de von, 'esperanza' e íslenska, 'islandés'), creada por Jón Þór Birgisson, que integra sons do islandés. A razón é que quen escoita o disco debe interpretar o seu propio significado das letras, que pode escribir nas páxinas en branco que trae o libreto do álbum.
En outubro de 2003 Sigur Rós, xunto con Radiohead, compuxeron música para a peza de danza de Merce Cunningham Split Sides. As tres cancións de Sigur Rós foron chamadas Ba Ba/Ti Ki/Di Do e foron lanzadas en marzo de 2004. En outubro de 2004 distribuíuse nos Estados Unidos e o Reino Unido o seu primeiro álbum, Von.
O álbum Takk... (Grazas...), foi lanzado o 3 de setembro de 2005 coa descarga legal do seu primeiro sinxelo, Glósóli, publicado o 15 de agosto. Para os seguidores norteamericanos o sinxelo Sæglópur foi posto a disposición para a súa descarga o 16 de agosto. Hoppípolla, o segundo sinxelo oficial de Takk..., foi lanzado o 28 de novembro xunto cunha nova mestura de estudio de Hafssól, unha canción que foi previamente lanzada pola banda no primeiro álbum de 1997, Von. A finais de 2005 lanzaron o EP Sæglópur, que inclúe dous cd's, o primeiro con tres temas novos e o segundo con tres videos. O grupo tamén escribiu o libreto do video musical Sæglópur, que foi dirixido por eles.
No ano 2007 publicaron o álbum de estudio Hvarf-Heim.
Sigur Rós venderon cerca de dous millóns de álbums arredor do mundo.
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Von - 1997 (Smekkleysa Records)
- Ágætis byrjun - 1999 (Smekkleysa Records)
- ( ) - 2002 (Smekkleysa Records)
- Takk... - 2005 (Smekkleysa Records)
- Með suð í eyrum við spilum endalaust - 2008 (Smekkleysa Records)
- Inni - 2011 (Krunk)
EPs [editar]
- Rímur - 2001 (Krúnk)
- Ba Ba Ti Ki Di Do - 2004 (Geffen)
- Sæglópur Japan Tour EP - 2006 (EMI)
Recomplatorios [editar]
- Hvarf-Heim - 2007 (EMI)
- We Play Endlessly - 2009 (EMI/The Independent)
Álbums de remesturas [editar]
- Von brigði - 1998 (Smekkleysa Records)
Sinxelos [editar]
- "Svefn-g-englar" - 1999.
- "Ný batterí", 2000.
- "Steindór Andersen / Rímur EP", 2001.
- "Untitled #1 (A.K.A. Vaka)", 2003.
- "Ba Ba/Ti Ki/Di Do", 2004.
- "Glósóli", 2005.
- "Sæglópur", 2005.
- "Sæglópur(Japan Tour CD)", 2005.
- "Hoppípolla", 2005.
Outros [editar]
- Smekkleysa í hálfa öld, 1994.
- Popp í Reykjavík (álbum), 1998.
- Popp í Reykjavík (película), 1998.
- Englar alheimsins (álbum), 2000.
- Englar alheimsins (película), 2002.
- Hlemmur (banda sonora) 2002.
Colaboracións [editar]
- Vanilla Sky, 2001.
- The Loss Ness Kelpie, [[2002.
- Hrafnagaldur óðin´s (Odin´s Raven Magic), 2002.
- The Album Leaf: In a Safe Place, 2004.
- Síðasti Bærinn, 2004.
Novo Material [editar]
- Hlemmur DVD+CD, xullo de 2007. Inclúe o documental do mesmo nome xunto coa banda sonora composta integramente pola banda.
Trivia [editar]
- A parte tocada con instrumentos de corda no tema Starálfur resulta ser un palíndromo; soa igual esoitada ó revés que do dereito.
- A introdución do disco Ágætis byrjun é un fragmento da canción que dá título ó álbum pero totalmente ó revés.
- Avalon é un fragmento de Starálfur, pero ralentizado ata un cuarto da velocidade orixinal.
- Jónsi usa un arco de violoncelo para tocar a guitarra. Regaláranllo a Ágúst (o primeiro batería do grupo) polo seu aniversario e Georg empezou a utilizalo co seu baixo. Soaba fatal, e Jónsi probou coa guitarra. Desde entón usa o arco en cada concerto.
- A primeira canción que Jónsi aprendeu a tocar coa guitarra foi Wrathchild de Iron Maiden. Este grupo segue sendo un dos favoritos do cantante.
- Jónsi é cego de nacemento dun ollo.
- Georg é coñecido como Colmillo Branco por ter a curiosa habilidade de cazar troitas cos dentes.
- Orri ten o alcume de 'o animal' debido ó nome do seu pai: chámase Dýri, que significa 'animal' en islandés.
- Na xira Reise Reise do grupo alemán Rammstein utilizouse a cancion Sigur Rós no inicio da maioria dos concertos. Isto pode escoitarse no DVD Völkerball de Rammstein.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)