Bandeira de Namibia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Namibia
Bandeira de Namibia
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 21 de marzo de 1990
Cores      Azul     Branco     Vermello     Verde     Amarelo

A bandeira de Namibia foi adoptada o 21 de marzo de 1990. É unha bandeira dividida en dúas metades (azul a superior e verde a inferior) por unha franxa de cor vermella e bordos brancos situada nunha das diagonais da bandeira. No cuadrante superior máis próximo ó mastro aparece representado o sol con doce puntas.

Foi deseñada por Frederick G. Brownell, quen tamén deseñou a actual Bandeira de Sudáfrica.

As cores da bandeira adoptáronse da SWAPO, o movemento popular de liberación máis importante de Namibia. As cores azul, vermella e verde tamén son as máis importantes para a etnia maioritaria, os Ovambo.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]