Organización do Pobo de África do Suroeste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
South-West African People's Organization (SWAPO)
Partido político de Namibia
Flag of South-West Africa People's Organisation.svg
Dirixentes e organización
Líder Sam Nujoma
Filiación internacional Internacional Socialista
Historia
Fundación 1960
Posicións políticas
Ideoloxía Socialdemocracia
socialismo
internacionalismo
Outros datos
Sede Windhoek, Namibia

A SWAPO (acrónimo en inglés de South-West African People's Organization; en galego: «Organización Popular Africana do Suroeste») é un partido político de Namibia. A efectos electorais denomínase «SWAPO Party» (partido SWAPO).

Foi fundada en 1960. En 1966, pasou a ser unha organización militar que, usando tácticas guerrilleiras, empezou a combater o goberno surafricano en busca da independencia de Namibia. Primeiramente tivo os seus cuarteis xerais en Zambia, trasladándoas a Angola en 1975 ao se independizar esta de Portugal.

Utilizando o slogan "Unha Namibia, unha nación", opúxose con vehemencia ás políticas de desenvolvemento separado (apartheid) e de bantustáns impostas polo réxime racista de Sudáfrica.

Cando en 1990 Namibia finalmente se constituíu como Estado independente, a SWAPO converteuse no partido político dominante da escena política, co seu líder Sam Nujoma gañando as primeiras eleccións e converténdose no primeiro presidente do país.

A SWAPO volveu a obter a vitoria nas eleccións de 2005, con Hifikepunye Pohamba, logrando facerse co 75% do electorado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]