Diamante
| Diamante | |
|---|---|
| Diamante de cor amarela nunha das súas típica formas (neste caso cúbica) | |
| Fórmula química: | C |
| Clase: | Elementos nativos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Cúbico |
| Cor: | Incolora, branca, amarela, parda, vermella, verde e azul |
| Brillo: | Adamantino |
| Dureza: | 10 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Perfecta, segundo as caras do octaedro ou cubo |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3,25 g/cm3 |
O diamante é unha forma cristalizada do elemento químico carbono. É, polo tanto, un mineral da clase dos elementos navitos cuxa fórmula química é C.
Índice |
Aspecto [editar]
O diamante preséntase en forma de cristais incoloros octaédricos ou cúbicos de brillo adamantino aínda que a miúdo pódense atopar diamantes de cores variadas (branca, amarela, parda, vermella, verde ou azul).
Lugares onde se atopa [editar]
As rexións máis ricas en diamantes son a India, Brasil e Sudáfrica, pero as características do terreo onde estes se atopan son distintas en cada zona.
Na India, por exemplo, encóntranse principalmente en terras con propiedades areosas e en conglomerados antigos, probablemente silúricos (pertencentes ó segundo período da era primaria) e en masas dos ríos.
No Brasil, no estado de Minas Xerais, os diamantes atópanse nunha rocha formada en gran parte por cuarzo e mica. Pola contra, nos estados de Bahia, Goiás e Mato Grosso atópanse en depósitos soltos de aluvións e nas areas dos ríos.
En Sudáfrica as condicións son distintas. O diamante atópase nas areas dos ríos e en depresións crateriformes do terreo, cheas dunha terra de cor parda na superficie e azul grisácea na súa parte máis profunda, constituída por partículas dunha rocha eruptiva análoga á serpentina procedente da descomposición da olivina: a kimberlita.
Estrutura [editar]
A dureza do diamante, vén dada grazas os enlaces entre os átomos de carbono (un dos enlaces máis fortes en química) e a súa disposición tridimensional no espazo en forma de pirámide. Se nos fixamos ben (ver imaxe da esquerda) e poñemos calquera dos seus lados como base da pirámide, poderemos contar os átomos de carbono por capas tendo na primeira 1, na segunda 4 e na terceira 9. Nesta forte estrutura a distancia entre dous carbonos é de 0,15 nanómetros.
Propiedades [editar]
Con dureza 10 na escala de Mohs é o material máis duro coñecido na natureza.
Usos do diamante [editar]
O diamante é o mineral máis apreciado no mundo da xoiería polo seu inconfundible brillo que presenta unha vez tallado. Debido á súa dureza un diamante só pode ser tallado por outro diamante.
É moi importante tamén na industria. Moitas actividades serían moi difíciles de levar a cabo se non existira o diamante posto que é, grazas á súa dureza, un material altamente abrasivo moi útil na fabricación de discos e moas para pulir outras ferramentas. Os diamantes utilizados para tal fin son os diamantes de menor calidade (os que presentan burbullas ou impurezas no seu interior e que non poden ser utilizados na xoiería).
Outros elementos nativos [editar]
Existen outros minerais formados exclusivamente por un só elemento. Algúns deles son:
O xofre (S), o cobre (Cu), o ouro (Au) e a prata (Ag). Tamén o grafito é un elemento navito formado, do mesmo xeito co diamante, unicamente por átomos de carbono (C).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]