Vida silvestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vida silvestre refírese a todos os vexetais, animais e outros organismos non domesticados. Organismos domesticados son aqueles que foron adaptados para sobrevivir coa axuda de (ou baixo o control de) os humanos, despois de moitas xeracións. Especies de plantas e animais foron domesticadas moitas veces para o beneficio humano en todo o planeta, o que acarrexou un gran impacto sobre o medio ambiente, tanto positivo como negativo.

A vida silvestre ou vida salvaxe pode ser atopada en todos os ecosistemas. Desertos, bosques tropicais, chairas e outras áreas -incluíndo as cidades máis desenvolvidas- todas teñen distintas formas de vida silvestre. Aínda que na cultura popular a expresión xeralmente refírase a animais aínda sen contacto coa presenza humana, a maioría dos científicos concordan que a vida silvestre ao redor do planeta sofre, dun modo ou outro, do impacto das actividades humanas.

Destrución e fragmentación de hábitats[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Destrución de hábitat.

O hábitat dunha especie dada é a área ou territorio preferido da mesma. Moitos procesos asociados cos humanos resultan na diminución deses territorios o cal reduce a capacidade de carga da área para esa especie. En moitos casos os cambios no uso da terra provocan unha fragmentación da paisaxe silvestre. A terra de uso agrario frecuentemente mostra ese aspecto altamente fragmentado de hábitats relictuais. Trátase de granxas que alternan con bosques aínda non tallados.

Os exemplos de destrución de hábitat inclúen terras de pastura que eran orixinariamente monte, cambios no réxime de incendios, tallado de bosques para uso da leña e drenaxe de humidais para a construción de cidades. Todos estes cambios afectan as poboacións de plantas e animais silvestres.

Impacto de especies introducidas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Especie invasora.

Os exemplos de especies que se volveron invasoras e que ameazan á vida silvestre en moitos lugares do mundo inclúen aos ratos, gatos, cabras, mexacáns, certos nenúfares, etc. A miúdo certas especies que non son moi abondosas no seu lugar de orixe vólvense invasoras fóra de control noutros lugares de climas semellantes. A razón aínda non está moi clara; algúns, incluso Charles Darwin pensaban que non sería moi probable para unha especie exótica o reproducirse en abundancia fóra do seu ambiente habitual. A verdade é que isto é certo para a gran maioría das especies introducidas noutros hábitats. Pero ocasionalmente algunhas especies teñen gran éxito despois dun período de aclimatación e poden chegar a converterse en pragas. Unha das razóns é que deixaron atrás aos inimigos naturais que limitaban as súas poboacións no lugar de orixe. En tal caso poden competir e desprazar á vida silvestre nativa.

Cadeas de extinción[editar | editar a fonte]

Este grupo trata de efectos secundarios. Todas as poboacións silvestres de seres vivos teñen numerosas interrelacións cos demais seres vivos. Os animais herbívoros, como o hipopótamo, conviven con poboacións de paxaros insectívoros que se alimentan dos seus parasitos. Se o herbívoro desaparece algunhas destas aves tamén serían afectadas. Certas plantas dependen de polinizadores específicos. Se o polinizador desaparece a planta tamén pode chegar a desaparecer. Á súa vez os herbívoros que dependen desa planta tamén sufrirían as consecuencias. É o que se adoita chamar o efecto dominó, unha cadea de reaccións con efectos afastados. Estes procesos repercuten máis aló das especies inmediatamente afectadas e poden pór en risco á comunidade ecolóxica enteira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • [1]Fundación Vida Silvestre Arxentina
  • [2]Vida Silvestre Ibérica
  • [3]Fundación Vida Silvestre Uruguai