Aquis Querquennis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°58′26.82″N 7°58′50.56″W / 41.9741167°N 7.9807111°W / 41.9741167; -7.9807111

Vista do recinto.

Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, foi un campamento romano situado en Baños de Bande e ocupado entre o último cuarto do século I e mediados do II.

Índice

[editar] Historia

Entrada principal ó recinto.
Zona dos hórrea e entrada lateral.

Probabelmente foi construído para vixiar a Vía XVIII ou Vía Nova, que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. As primeiras escavacións arqueolóxicas realizounas Florentino López Cuevillas na década de 1920. En 1947 foi anegado polo encoro das Conchas, de Fenosa. Esta empresa autorizou as escavacións a partir de 1975. Antonio Rodríguez Colmenero dirixiunas durante case vinte anos, centrándose especialmente no cuadrante noroeste.

O campamento ocupaba 3 hectáreas é o clásico con forma rectangular, muralla con esquinas arredondadas e torres defensivas cuadrangulares entre as portas e nas esquinas. A muralla foi levantada con perpiaños pequenos de granito (opus vittattum), ten 3,20 m de anchura e estaba rematada por ameas semicilíndricas; dela sobresaen as torres uns 10 cm. para o exterior e 30 cm. para o interior. O foxo exterior ten forma de V, 4 metros de anchura e 3 de fondo. Contaba con catro portas monumentais, das que se escavaron a principalis sinistra e a decumana. A primeira contaba cunha vía de 4 m. de ancho con dous carrís separados por dous grandes piares; a segunda é semellante, mais cunha única abertura. A muralla está separada das construcións do interior por un intervallum de 11 m. de anchura.

Téñense atopado tres barracóns para a tropa consistentes en aliñacións enfrontadas en torno a un patio central cunha cisterna para recoller a auga da chuvia. As estancias son de terra batida, miden 3x3m. divididas en dúas partes e contan con lareiras e portas que miran cara o sur. En cada unha podían vivir oito soldados. Hai dous hórrea rectangulares que se elevan sobre liñas de piares de pedra e están delimitados por muros grosos con contrafortes externos. Pénsase que a cuberta era abovedada por estes contrafortes. Un edificio de planta case cadrada puido ser o hospital (valetudinarium); consiste en varias estancias cadradas arredor dun patio central (impluvium). É posíbel que este patio contase cun perístilo de columnas de madeira asentadas sobre un muro baixo de pedra.

O edificio central, que sería o cuartel xeral (principia) ten planta rectangular (34,8 m. de fachada x 32,1 m. de fondo) e consiste nun vestíbulo flanqueado por deambulatorios cubertos e abertos á fachada. A continuación hai un patio rectangular grande con perístilos en tres dos lados. A continuación hai unha basílica á que se accede por unha entrada central grande e dúas laterais máis estreitas. No fondo estaría a área sacro-administrativa o templo oficial do establecemento militar, en cuxo centro está o aedes rodeado de cinco estancias, dúas polo norte e tres polo sur, que puideron ser o tabularium ou arquivo. Este edificio ten o chan de arxila, a excepción do aedes e os cuartos que o rodean, que son de area grosa.

Non se sabe que unidade militar ocupaba Aquis Querquennis, mais puido ser a cohorte I Gallaica, destacamento mixto de infantaría e cabalaría.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Barciela Garrido, Pilar e Rey Seara, Eusebio: Xacementos arqueolóxicos de Galicia, Xerais, Vigo 2000, 234-239.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas