Santiago Cazorla
Cazorla xogando co Arsenal en 2012. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Santiago Cazorla González | ||
| Nacemento | 13 de decembro de 1984 (28 anos) | ||
| Lugar | Llanera, España | ||
| Altura | 1,68 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Arsenal | ||
| Número | 19 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Covadonga | |||
| 1998–2002 | Oviedo | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2002–2004 | Villarreal B | 40 | (4) |
| 2003–2006 | Villarreal | 54 | (2) |
| 2006–2007 | Recreativo | 34 | (5) |
| 2007–2011 | Villarreal | 127 | (23) |
| 2011–2012 | Málaga | 38 | (9) |
| 2012– | Arsenal | 38 | (12) |
| Selección nacional | |||
| 2004–2006 | España sub-21 | 7 | (0) |
| 2008– | España | 52 | (8) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 22 de marzo de 2013. |
|||
Santiago Cazorla González, nado en Lugo de Llanera (Asturias) o 13 de decembro de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Arsenal FC.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou as Eurocopas de 2008 e 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1] Cazorla perdeuse o Mundial de 2010 por unha lesión.
Índice |
Traxectoria[editar]
Santi Cazorla iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Club Deportivo Covadonga e pasou logo nove anos no Real Oviedo e un ano cedido ao Astur Club de Fútbol. En 2003, logo do descenso do Real Oviedo, Cazorla ficha polo Villarreal. Pasou as seguintes tres tempadas no equipo. Marcou 4 goles na Copa da UEFA e xogou 2 partidos da Liga de Campións.
No verán de 2006 é traspasado ao Recreativo de Huelva con opción de recompra por parte do Villarreal. O 17 de xullo de 2006 é presentado no seu novo equipo, no que xogaría unha tempada. Na tempada 2007/08 Cazorla ficha novamente polo Villarreal.
No verán de 2008, varios clubs europeos interésanse polo xogador asturiano, como o AS Roma ou o Real Madrid, pero finalmente Cazorla opta por renovar o seu contrato por catro anos co Villarreal.
No verán de 2011 víñase especulando coa súa posible fichaxe polo Málaga CF, feito que se materializou definitivamente entre ambos os clubs o 26 de xullo. O prezo da fichaxe foi de ao redor de 20 millóns de euros.[2]
Selección nacional[editar]
Foi internacional coa Selección española sub-21. O 17 de maio de 2008, é convocado por primeira vez por Luis Aragonés coa Selección absoluta para a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. Debutou o 31 de maio de 2008 en Huelva nun amigábel contra Perú, e o 10 de xuño debutou en partido oficial en Innsbruck contra Rusia. O xogador marcou nos penaltis do partido de cuartos de final e tamén disputou a final da Eurocopa na que España gañouna Alemaña con gol de Fernando Torres.
Unha lesión impediu que fora convocado para o Mundial de Suráfrica de 2010, pero foi novamente convocado para o amigábel contra México do 5 de agosto de 2010.
Tamén foi seleccionado para xogar a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, na que España volveu conquistar o título de campioa de Europa.
Palmarés[editar]
Campionatos internacionais[editar]
| Título | Equipo | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Copa Intertoto | Villarreal CF | España | 2004 |
| Eurocopa | Selección nacional | España | 2008 |
| Eurocopa | Selección nacional | España | 2012 |
Distincións individuais[editar]
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Premio Don Balón ao mellor xogador de Primeira División | 2007 |
Notas[editar]
- ↑ "España reescribe a historia". Marca. 1 de xullo de 2012. http://www.marca.com/eventos/marcador/futbol/2012/eurocopa/final/spa_ita/.
- ↑ "O Villarreal pecha o traspaso de Cazorla ao Málaga por 20 millóns de euros". El Mundo. 26 de xullo de 2011. http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/26/castellon/1311668837.html.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||
|
|||||||