Álvaro Arbeloa
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Álvaro Arbeloa Coca | ||
| Nacemento | 17 de xaneiro de 1983 (29 anos) | ||
| Lugar | Salamanca, España | ||
| Altura | 1,83 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Real Madrid | ||
| Número | 17 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1995–2000 | Zaragoza | ||
| 2000–2003 | Real Madrid | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2003–2006 | Real Madrid B | 50 | (1) |
| 2004–2005 | Real Madrid | 2 | (0) |
| 2006 | Deportivo da Coruña | 20 | (0) |
| 2007–2009 | Liverpool | 66 | (22) |
| 2009– | Real Madrid | 56 | (2) |
| Selección nacional | |||
| 2001 | España sub-17 | 1 | (0) |
| 2001 | España sub-19 | 5 | (0) |
| 2005 | España sub-21 | 1 | (0) |
| 2008– | España | 25 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Álvaro Arbeloa Coca, nado en Salamanca o 17 de xaneiro de 1983, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu club actual é o Real Madrid CF da Primeira División de España.
En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Comezos
Cando tiña catro anos a súa familia trasladouse a Zaragoza, onde aos 12 anos ingresou nas categorías inferiores do Real Zaragoza, militando ata a tempada 2001-02, ano en que recalou nas categorías inferiores do Real Madrid. Xogou no Real Madrid Castilla, chegando a ser capitán do equipo que logrou o ascenso á Segunda División, a par de promesas como: Granero, Ruben de la Red, Roberto Soldado, Álvaro Negredo ou Mata. O que o levou a xogar dous partidos oficiais co primeiro equipo, ata o verán de 2006, momento no que foi contratado polo Deportivo da Coruña, que pagou 1,3 millóns de euros. Tan só estivo media tempada no Deportivo, chegando a xogar 20 partidos antes da súa fichaxe polo Liverpool.
[editar] Liverpool FC
O 31 de xaneiro de 2007 foi fichado polo Liverpool FC da FA Premier League por un total de 4 millóns de euros, debutando co equipo inglés o 10 de febreiro dese ano contra o Newcastle United. Tras unhas boas tempadas en Inglaterra, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés para a selección absoluta. Co Liverpool chegou a disputar 98 partidos, marcando 2 goles.
[editar] Real Madrid
Logo de disputar a Copa das Confederacións en xuño de 2009, e tras semanas cheas de rumores, o 29 de xullo confirmouse a fichaxe de Arbeloa polo Real Madrid por cinco tempadas, regresando así ao club no que se formou como futbolista.[1] A operación pechouse nunha cantidade ao redor dos 4 millóns de euros.[2] Habitualmente xoga de lateral esquerdo debido ás carencias defensivas que ten o equipo por esa banda. O 13 de febreiro marca o seu primeiro gol coa camiseta do primeiro equipo, no partido Xerez CD-Real Madrid, facendo o 0-1 para o conxunto branco.
[editar] Selección nacional
O 1 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez pola selección absoluta de fútbol, aínda que finalmente non puido entrar na convocatoria do seleccionador Luis Aragonés, por un desgarro muscular no abdome.
Repetiu convocatoria para o seguinte partido, un amistoso ante Italia disputado o 26 de marzo de 2008. Nesta ocasión sí que puido debutar, saltando ao terreo de xogo no minuto 75, sustituíndo a Sergio Ramos. Foi seleccionado para disputar coa súa selección a Eurocopa 2008 que se xogou en Austria e Suíza e que se levou o combinado español ante Alemaña (0-1 con gol de Fernando Torres).
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.
[editar] Palmarés
[editar] Club
- Finalista
- Campión
[editar] País
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||
|
|||||||