Carles Puyol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carles Puyol
Puyol2011.jpg
Puyol co Barcelona en 2011
Información persoal
Nome completo Carles Puyol i Saforcada
Nacemento 13 de abril de 1978 (36 anos)
Lugar La Pobla de Segur, España
Altura 1,78 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1993–1995 Pobla de Segur
1995–1996 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1997 Barcelona C
1997–2000 Barcelona B 89 (6)
1999–2014 Barcelona 392 (12)
Selección nacional
1995 España sub-18 3 (0)
2000 España sub-21 4 (0)
2000 España sub-23 5 (0)
2000–2013 España 100 (3)
2001–2013 Cataluña 6 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 2 de marzo de 2014.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 6 de febreiro de 2013.

Carles Puyol i Saforcada, nado en La Pobla de Segur (Lleida) o 13 de abril de 1978, é un ex futbolista catalán. Xogaba de defensa e pasou toda a súa carreira no Barcelona. Está considerado un dos mellores defensores do mundo. Xogador destro dunha gran fortaleza física non exenta de calidade técnica, rapidez e polivalencia. É un marcador forte e duro, pero que sempre destacou polo seu xogo limpo.

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leva toda a súa carreira deportiva no FC Barcelona, club ao que chegou sendo un neno para integrarse nas súas categorías inferiores. Empezou, sendo infantil e xuvenil, xogando de extremo dereito, o cal axudoulle a mellorar a súa velocidade e capacidade de regate e centro. Posteriormente pasou a xogar de mediocampista.

Debutou no primeiro equipo do FC Barcelona na tempada 1999-2000, o 2 de outubro de 1999, en Valladolid, no partido da Liga española de fútbol que enfrontou ao Real Valladolid e ao FC Barcelona (0-2). O adestrador do Barcelona era Louis Van Gaal, o cal fíxolle xogar durante dúas tempadas coma lateral dereito. Nesa posición axiña se consolidou, destacando coma un gran marcador que sempre se ocupaba de marcar aos mellores dianteiros do conxunto rival. A súa polivalencia permitiulle ocupar diferentes posicións, en función das necesidades do equipo: xogou de lateral dereito, zurdo, central, mediocampista, extremo... Finalmente consolidouse coma defensa central, posición na que se afianzou definitivamente.

Dende que debutou converteuse nun dos ídolos da afición barcelonista, que sempre valorou a súa efectividade e entrega. No 2003 o entón presidente barcelonista Joan Gaspart firmoulle unha ampliación de contrato co conxunto catalán ata o 30 de xuño de 2007, o que o converteu nun dos xogadores mellor pagados do equipo, cunha cláusula de rescisión de 180 millóns de euros.

O 14 de maio de 2005 consigueu o seu primeiro título co FC Barcelona, ao proclamarse campión da Liga española de fútbol da tempada 2004-2005, con Frank Rijkaard coma adestrador.

Na tempada 2005-06 consigueu a súa segunda liga co FC Barcelona e a súa primeira Liga de Campións da UEFA, derrotando na final ao Arsenal FC na cidade de París, o 17 de maio de 2006.

O 3 de novembro de 2006 morreu o seu pai, Josep Puyol, de 56 años, nun accidente laboral no concello de Sarroca de Ballera a 15 km de La Pobla de Segur. O xogador tiña na súa figura paterna un exemplo de sacrificio e traballo, como explicaba na súa biografía Mi partido, antes do suceso, e o golpe moral para Carles foi moi duro.

Carles sufriu unha lesión de xeonllo cando finalizara a tempada. Estivo de baixa menos de 3 meses, chegou xusto ao comezo da tempada 2007-08, perdéndose soamente un mes de xogo. O 6 de abril de 2008 Carles Puyol, no partido que enfrontaba ao FC Barcelona contra o Getafe, logra roubar 22 balóns, batendo así a marca da historia da Liga, e superando a anterior marca de 20 balóns recuperados que tiña Sergio Ramos. O 27 de outubro de 2008 FIFPro incluíu a Carles Puyol dentro do seu once ideal do ano.

Puyol durante un adestramento co FC Barcelona.

En 2009 consegue un triplete histórico co FC Barcelona: campión da Liga española; campión da Copa do Rei (en Valencia contra o Athletic de Bilbao); e campión da Liga de Campións da UEFA (en Roma contra o Manchester United). Meses máis tarde, consegue tamén o sextete: Copa do Rei, Liga Española, Liga de Campións, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundial de Clubs, formando parte do primeiro equipo en conseguilo.

En 2010 revalidaría o título de campión de Liga e chegaría a semifinais da Liga de Campións onde sería apeado polo Inter nunha eliminatoria que non puido disputar unha vez máis a volta (esta vez no Camp Nou). A inicios desta mesma tempada renovaría ata o 2012 coa posibilidade de seguir un ano máis ou de rescindir o contrato voluntariamente dependendo da participación no equipo.

Selección nacional de España[editar | editar a fonte]

O seu maior éxito consigueuno coma titular da selección olímpica que participou nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, con Iñaki Sáez como seleccionador. España consigueu a medalla de prata, ó perder a final ante Camerún na quenda de penaltis.

Debutou na Selección española absoluta da mán do seleccionador José Antonio Camacho. Foi o 15 de novembro de 2000 no partido España - Países Baixos (1-2). Coa selección participou, sendo titular, na Copa Mundial de Fútbol de Corea e Xapón de 2002, na que España foi eliminada por Corea do Sur nos cuartos de final.

Tamén foi titular da selección que participou na Eurocopa de fútbol de Portugal de 2004, con Iñaki Sáez como seleccionador, e na que España caeu eliminada na primeira fase.

Tamén participou na Copa Mundial de Fútbol de Alemaña 2006, onde España quedou eliminada en oitavos de final ante Francia.

O 29 de xuño de 2008, Puyol alzouse como campión na final da Eurocopa 2008 de Austria e Suíza.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Participacións coa selección[editar | editar a fonte]

Torneo Sede Resultado
Xogos Olímpicos de 2000 Sidney Medalla de Prata
Mundial de Fútbol de 2002 Corea do Sur e Xapón Cuartos de final
Eurocopa 2004 Portugal Primeira fase
Mundial de Fútbol 2006 Alemaña Oitavos de final
Eurocopa 2008 Austria e Suíza Campión
Mundial de Fútbol 2010 Suráfrica Campión

Selección de Cataluña[editar | editar a fonte]

Carles Puyol tamén disputou partidos coa selección de fútbol de Cataluña. O seu debut como xogador da selección de Cataluña tivo lugar o 22 de decembro do 2001, nun partido amigable xogado no Camp Nou (Barcelona) ante a selección de Chile cunha vitoria do equipo catalán por 1-0.

Puyol vestiu outra vez a camiseta da selección catalá o 22 de decembro do 2009, cando xogou de novo un partido amigable pero fronte a Arxentina. Carles Puyol foi substituído no minuto 62.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de España FC Barcelona España 2005
Supercopa de España FC Barcelona España 2005
Liga de España FC Barcelona España 2006
Supercopa de España FC Barcelona España 2006
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club (*) Lugar Ano
Medalla de prata nos Xogos Olímpicos Selección española Sidney (Australia) 2000
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona París (Francia) 2006
Eurocopa Selección española Austria e Suíza 2008
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona Roma (Italia) 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona Montecarlo (Mónaco) 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona Abu Dabi (EAU) 2009
Copa Mundial de Fútbol Selección española Suráfrica 2010

(*) Incluíndo a Selección

Outras[editar | editar a fonte]

Título Club Lugar Ano
Copa Catalunya FC Barcelona España 2003
Trofeo Joan Gamper FC Barcelona España 2004
Copa Catalunya FC Barcelona España 2004
Trofeo Ramón de Carranza FC Barcelona España 2005
Trofeo Joan Gamper FC Barcelona España 2006
Copa Franz Beckenbauer FC Barcelona España 2007
Trofeo Joan Gamper FC Barcelona España 2007
Copa Catalunya FC Barcelona España 2007
Trofeo Joan Gamper FC Barcelona España 2008

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Premio Don Balón ó mellor xogador revelación 2000-01
Incluído no once ideal da UEFA 2002
Incluído no once ideal da European Sports Magazines 2002
Trofeo Patricio Arabolaza ao mellor representante da Furia española 2002
Premios Protagonistas ao mellor futbolista na VI Edición 2002
Incluído no once ideal da European Sports Magazines 2003
Trofeo Patricio Arabolaza ao mellor representante da Furia española 2004
Incluído no once ideal da UEFA 2005
Incluído no once ideal da European Sports Magazines 2005
Mellor defensa do ano da UEFA 2005-06
Incluído no once ideal da UEFA 2006
Mellor deportista español polo Mundo Deportivo 2006
Incluído no once ideal da European Sports Magazines 2006
Incluído no once ideal do FIFPro 2007
Incluído no once ideal da UEFA 2008
Incluído no once ideal da FIFA tras a Eurocopa 2008
Incluído no once ideal do FIFPro 2008
Elixido pola IFFHS en calidade de capitán ó mellor club dos últimos 18 anos 2008
Incluído no once ideal da FIFA na Copa Confederacións 2009
Incluído no once ideal da revista L'Équipe polos internautas 2009
Incluído no once ideal da década polo xornal inglés The Sun 2009
Incluído no once ideal polo xornal italiano La Gazzetta dello Sport 2009
Incluído no once ideal da UEFA e seleccionado en calidade de capitán 2009
Elixido como un dos 50 mellores xogadores da Copa Mundial por ESPN 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]