Raúl Albiol
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Raúl Albiol Tortajada | ||
| Nacemento | 4 de setembro de 1985 (27 anos) | ||
| Lugar | Vilamarxant, España | ||
| Altura | 1,90 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Real Madrid | ||
| Número | 18 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1994–1996 | Ribarroja | ||
| 1996–1997 | Vilamarxant | ||
| 1997–2003 | Valencia | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2003–2004 | Valencia Mestalla | 35 | (2) |
| 2004–2009 | Valencia | 131 | (5) |
| 2004–2005 | → Getafe (cedido) | 17 | (1) |
| 2009– | Real Madrid | 63 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2004 | España sub-19 | 7 | (0) |
| 2003–2005 | España sub-20 | 4 | (0) |
| 2005–2006 | España sub-21 | 7 | (0) |
| 2007– | España | 34 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2012. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 30 de maio de 2012. |
|||
Raúl Albiol Tortajada, nado o 4 de setembro de 1985 en Vilamarxant (Valencia), é un futbolista español. Xoga de defensa central, aínda que tamén pode facelo de centrocampista defensivo e lateral dereito, e o seu club actual é o Real Madrid.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezos [editar]
O seu tío é José Luis Albiol Balaguer que tamén foi futbolista profesional. Do mesmo xeito que o seu irmán Miguel Albiol que é futbolista do Real Murcia, formouse nas categorías inferiores do Ribarroja CF[2], ata que foi fichado polo Valencia CF para a súa canteira de fútbol base. Debutou co primeiro equipo o 24 de setembro de 2003 con dezaoito anos recén cumpridos nunha eliminatoria da Copa da UEFA ante o AIK Solna, tempada na que o Valencia CF resultou campión do torneo. Porén seguiu formando parte do persoal do CD Mestalla, filial do Valencia CF.
Getafe CF [editar]
Para adquirir experiencia en Primeira División foi cedido ao Getafe CF na tempada 2004-2005. O 2 de agosto do 2004,[3] durante a viaxe a Xetafe sufriu un accidente de circulación polo que tivo que ser intervido tras lle diagnosticar politraumatismos dorsal e lumbar, e un derrame interno que obrigou á extirpación do bazo,[4] ademais estivo durante un tempo en coma. Porén, a cesión asinouse e aínda que se chegou a temer pola súa carreira profesional debutou na liga catro meses despois do accidente.
Isto foi debido a que o seu adestrador, Quique Sánchez Flores, sempre confiou nel e, cando fichou polo Valencia CF, esixiu o retorno de Albiol ao seu club de orixe.
Valencia [editar]
Os inicios de Albiol no Valencia CF foron duros xa que a súa posición natural no equipo che ocupábana dous xogadores da calidade de Albelda e Baraja polo que o técnico o aliñou como lateral dereito. Aínda que cumpría correctamente a súa misión notábaselle estraño na súa nova posición ata que Quique Flores o recolocou como central, posto do que non se moveu desde entón.
O 25 de abril de 2006 anunciaba a súa renovación co Valencia CF ata o 2011. O Real Madrid estivo moi interesado en facerse cos seus servizos, pero o xogador preferiu renovar polo Valencia CF a pesar de que a oferta merengue era moi superior.[5] Posuía unha cláusula de rescisión de 60 millóns de euros. Na tempada 2006-2007, ata os cuartos de final da Liga de Campións, disputou todos os minutos cunha actuación impresionante nos oitavos de final contra o Inter de Milán, onde o Valencia CF pasou de rolda.
Terminou a tempada 2006-07 sendo titular indiscutible e sendo o xogador que máis minutos tivo entre as competicións da Liga, a Copa do Rei e a Liga de Campións nas demarcacións de central e mediocentro defensivo.
Real Madrid [editar]
En xuño de 2009 fichouno o Real Madrid pola cifra de 15 millóns de euros, como parte do proxecto do novo presidente Florentino Pérez, que regresou á presidencia do Real Madrid o 1 de xuño de 2009.
O xoves 2 de xullo reallizouse a súa presentación no Estadio Santiago Bernabéu ás 21.00 horas ante unhas 9.000 persoas. Raúl recibía a camiseta co dorsal 18, número que levou Rubén de la Red, declarando Raúl que se aquel volvese outra vez ao equipo, devolveríalle o dorsal.
O primeiro gol coa camiseta do Real Madrid anotouno nun encontro de Liga de Campións fronte ao Olympique de Marsella o 8 de decembro de 2009 adiantando ao conxunto branco 1-2. O partido finalizaría 1-3 a favor do conxunto merengue. [6]
Selección nacional [editar]
Tras ser internacional sub-21, o 5 de outubro de 2007 é chamado por primeira vez para unha convocatoria coa selección española para disputar un partido da fase de clasificación da Eurocopa 2008.[7] Debuta o 13 de outubro de 2007 no partido contra Dinamarca en Aarhus (Dinamarca), con resultado 1-3 a favor dos españois.
O 14 de xuño de 2008 debuta nunha fase final da Eurocopa ao substituír a Carles Puyol no partido que España gañou a Suecia por un resultado de 2-1. Posteriormente xogaría de titular no último encontro da fase de grupos ante Grecia, partido que concluiría con vitoria española por 2 a 1.
O 29 de xuño de 2008 no Estadio Ernst Happel de Viena, Albiol proclamaríase xunto aos seus compañeiros de selección campión da Eurocopa 2008.
En 2010, o 11 de xullo, proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.
Participacións en Eurocopas [editar]
| Eurocopa | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Eurocopa 2008 | Austria e Suíza | Campión |
Participacións en Copas das Confederacións [editar]
| Copa | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Copa FIFA Confederacións 2009 | Sudáfrica | Terceiro |
Participacións en Copas do Mundo [editar]
| Copa | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Copa Mundial de Fútbol de 2010 | Sudáfrica | Campión |
Clubs [editar]
| Club | País | Tempadas |
|---|---|---|
| Valencia B | España | 2003-2004 |
| Getafe CF | España | 2004-2005 |
| Valencia CF | España | 2005-2009 |
| Real Madrid CF | España | 2009- |
Palmarés [editar]
Campionatos nacionais [editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Liga de España | Valencia CF | España | 2004 |
| Copa do Rei | Valencia CF | España | 2008 |
| Copa do Rei | Real Madrid | España | 2011 |
Copas internacionais [editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Eurocopa Sub-19 | Selección sub-19 | España | 2004 |
| Copa da UEFA | Valencia CF | España | 2004 |
| Eurocopa | Selección nacional | España | 2008 |
| Copa Mundial de Fútbol | Selección nacional | España | 2010 |
(*) Incluíndo a Selección
Notas [editar]
- ↑ "España reescribe a historia". Marca. 1 de xullo de 2012. http://www.marca.com/eventos/marcador/futbol/2012/eurocopa/final/spa_ita/.
- ↑ ribarrojacf.com. "Historia do Ribarroja Club de Fútbol". http://www.ribarrojacf.com/Historia3.htm.
- ↑ Diario Marca (24-6-2009). "Da traxedia a campión de Europa". http://www.marca.com/2009/06/24/futbol/equipos/real_madrid/1245857053.html. Consultado o 24-6-2009.
- ↑ Diario AS (24-6-2009). "Sangre nova e española para a zaga do Real Madrid". http://www.as.com/futbol/articulo/sangre-joven-espanola-zaga-real/dasftb/20090624dasdasftb_33/Tes.
- ↑ El Periódico de Aragón - Os soldos de luxo dos sub-21 (08 de xullo de 2006)
- ↑ "Real Madrid. O primeiro gol de Albiol co Real Madrid". http://www.realmadridweb.com/el-primer-gol-de-albiol-con-el-real-madrid/.
- ↑ ABC - Albiol cumpre o seu soño e debutará coa selección (6 de outubro de 2007)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||
|
|||||||
|
|||||||