Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francesc "Cesc" Fàbregas i Soler, nado en Vilassar de Mar (Barcelona) o 4 de maio de 1987, é un futbolista catalán. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o FC Barcelona.
En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
[editar] Traxectoria
Iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do FC Barcelona, fichando polo Arsenal en 2003, cando o mediocampista catalán só tiña dezaseis anos. As lesións de varios centrocampistas na tempada 2004-05 abríronlle as portas da titularidade, que Cesc non abandonaría. As espectaculares actuacións que realizou co Arsenal fixeron que estea considerado como un dos centrocampistas máis completos do mundo.
No plano internacional, a carreira de Cesc dentro da selección española comezou aos dezasete anos no mundial sub-17 de 2003, disputado en Finlandia. En 2006 o seleccionador Luis Aragonés convocouno por primeira vez para a selección absoluta, coa que disputou o mundial de 2006 e a eurocopa de 2008, onde o combinado estatal acadou a vitoria.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.
O 14 de agosto de 2011 confirmouse a súa fichaxe polo FC Barcelona, despois de varios anos de espera.
Actualizado o 28 de abril de 2010
[editar] Estatísticas
| Club |
Tempada |
Liga |
Copa |
Europa |
Total |
| Part. |
Goles |
Asist. |
Part. |
Goles |
Asist. |
Part. |
Goles |
Asist. |
Part. |
Goles |
Asist. |
| Arsenal FC |
2003–04 |
0 |
0 |
0 |
3 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
1 |
0 |
| 2004–05 |
33 |
2 |
4 |
8 |
0 |
0 |
5 |
1 |
0 |
46 |
3 |
4 |
| 2005–06 |
35 |
3 |
5 |
2 |
1 |
0 |
13 |
1 |
0 |
50 |
5 |
5 |
| 2006–07 |
38 |
2 |
13 |
6 |
0 |
2 |
10 |
2 |
1 |
54 |
4 |
16 |
| 2007–08 |
31 |
7 |
19 |
3 |
0 |
1 |
10 |
6 |
2 |
45 |
13 |
23 |
| 2008–09 |
22 |
3 |
10 |
1 |
0 |
0 |
10 |
0 |
5 |
33 |
3 |
15 |
| 2009–10 |
26 |
15 |
25 |
1 |
1 |
3 |
7 |
3 |
3 |
33 |
25 |
18 |
| 2010–11 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| FC Barcelona |
2011–12 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Total |
185 |
35 |
76 |
30 |
35 |
60 |
20 |
30 |
21 |
264 |
70 |
93 |
[editar] Campionatos nacionais
[editar] Campionatos internacionais
[editar] Distincións individuais
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: