Tàrrega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santa María do Alba de Tàrrega

Tàrrega é un municipio catalán localizado na da provincia de Lleida. É capital da comarca de Urgell, cunha poboación de 17.030 habitantes e unha extensión de 88 km². É ademais, a segunda cidade en tamaño dentro da xurisdición da provincia de Lleida. As principais actividades económicas son o seu comercio e as industrias alimentarias e metalúrxicas.