Estadio La Rosaleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Rosaleda
Estado de la Rosaleda (Málaga C.F.).jpg
Datos
Localización Málaga, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 1941
Reinauguración: 14 de setembro de 2006
Arquitecto José Seguí
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 28.963
Propietario Concello de Málaga, Deputación de Málaga, Junta de Andalucía
Localía Málaga CF
Eventos

La Rosaleda é un estadio de fútbol que se atopa na cidade de Málaga (España). É sede do Málaga Club de Fútbol de Primeira División.

Anteriormente foi sede do Club Deportivo Málaga, do cal o Málaga CF é herdeiro. O filial malaguista tamén o utilizou como terreo de xogo habitual durante o seu período en Segunda. O Trofeo Costa do Sol de fútbol, organizado anualmente polo Málaga Club de Fútbol xunto co Concello de Málaga, celébrase neste estadio. A súa capacidade é de aproximadamente 29.000 espectadores, situándoo no cuarto posto entre os estadios de Andalucía.

Este campo de fútbol substituíu ao histórico campo malagueño dos Baños del Carmen. Ao alagarse este, A Rosaleda viuse obrigada a ser utilizada por primeira vez o 13 de abril de 1941 cun partido oficial entre o CD Malacitano e a AD Ferroviaria de Madrid. No entanto, a inauguración oficial produciuse o 14 de setembro de 1941, cun partido amigable entre o CD Málaga e o Sevilla FC. Neste partido, o Málaga tamén estreaba nome, pois a súa denominación anterior era CD Malacitano.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]