Andrés Palop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palop
Nome completo: Andrés Palop Cervera
Alcume: La pantera de l'Alcudia,[1] San Palop
Data de nacemento: 22 de outubro de 1973 (38 anos)
Lugar de nacemento: L'Alcúdia, Valencia, España
Data de falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar de falecemento: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Nacionalidade: España
Club actual: Sevilla FC
Posición: Porteiro
Altura: metros
Partidos internacionais:
Goles: 1
Ano do debut: 1995
Club do debut: Valencia B
Ano do retiro: {{{anoretiro}}}
Club do retiro: {{{cluberetiro}}}

Andrés Palop Cervera, nado en L'Alcúdia, Valencia, o 22 de outubro de 1973, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu equipo actual é o Sevilla FC da Primeira División Española.

Índice

[editar] Traxectoria

Formado na canteira do Valencia CF, a tempada 1997/98 foi cedido ao Villarreal CF, que por entón xogaba na Segunda División Española. Co submarino amarelo fixo historia, ao lograr esa tempada o ascenso a Primeira división, por primeira vez na súa historia. Na máxima categoría Palop seguiu defendendo a portería do Villarreal con notables actuacións. Ao termo da tempada e consumado o descenso vilarrealense, o Valencia CF decidiu repescarlo.

En Valencia permaneceu seis tempadas nas que o club cultivou múltiples éxitos (dúas ligas, unha Copa da UEFA, unha Supercopa de Europa e dous subcampionatos da Liga de Campións da UEFA). Con todo, Palop sempre estivo á sombra de Santiago Cañizares, e en seis anos só foi aliñado en 43 partidos de liga.

O verán de 2005 abandonou Valencia para incorporar ao Sevilla FC, onde axiña se converteu nun dos alicerces do equipo. Na súa primeira tempada conquistou a Copa da UEFA, o primeiro trofeo europeo na historia do club. O título reeditouse a seguinte tempada e Palop xogou un papel destacado. O 15 de marzo de 2007, Palop converteuse no heroe da xornada para o seu equipo, xa que este perdía 2-1 co Shakhtar Donetsk de Ucraína nos oitavos de final da Copa da UEFA e no tempo de desconto fixo o gol do empate rematando de cabeza un saque de esquina.[2] Na final, xogada o 16 de maio de 2007 contra o RCD Espanyol, Palop converteuse unha vez máis no heroe do seu equipo ao parar tres lanzamentos durante a quenda de penaltis, na que o Sevilla FC se impuxo 3 penaltis a 1 tras concluír o tempo regulamentario co resultado de 1-1 e a prórroga con 2-2. Nese partido foi designado MVP do mesmo.[3]

A tempada 2006/07 tamén conquistou a Supercopa de Europa e a Copa do Rei, ademais de terminar a liga en terceira posición, logo de pelexar durante toda a tempada polo título.

O día 19 de Maio de 2010 conquista unha nova Copa do Rei co Sevilla FC tras imporse ao Atlético de Madrid no Camp Nou de Barcelona por 0-2. Como homenaxe a Antonio Puerta, decide porse a camiseta co número 16 para recoller a copa de mans do Príncipe Felipe.

[editar] Selección nacional

O 20 de agosto de 2007 foi convocado por primeira vez pola Selección de fútbol de España como recambio de urxencia do lesionado Iker Casillas, con vistas a un partido amigable contra Grecia,[4] aínda que non chegou a debutar.

Posteriormente foi incluído no combinado español que participou na Eurocopa 2008.[5] Tras a vitoria na final, Palop vestiu a camiseta de Luís Miguel Arconada para recibir o trofeo, como homenaxe ao ex porteiro internacional cuxo fallo na final da Eurocopa 1984 supuxo a derrota española ante Francia,[6] un xesto que emocionou a Arconada.[7] Curiosamente, é campión de Europa coa Selección Española sen debutar, polo que non conta como internacional.

[editar] Clubs

Club País Ano
Valencia B España 1995-1997
Villarreal CF España 1997-1999
Valencia CF España 1999-2005
Sevilla FC España 2005-

[editar] Palmarés

[editar] Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Liga Española Valencia CF España 2002
Liga Española Valencia CF España 2004
Copa do Rei Sevilla FC España 2007
Supercopa de España Sevilla FC España 2007
Copa do Rei Sevilla FC España 2010

[editar] Copas internacionais

Título Equipo (*) País Ano
Copa da UEFA Valencia CF España 2004
Supercopa de Europa Valencia CF España 2004
Copa da UEFA Sevilla FC España 2006
Supercopa de Europa Sevilla FC España 2006
Copa da UEFA Sevilla FC España 2007
Eurocopa Selección nacional España 2008

[editar] Distincións individuais

Título Equipo (*) País Ano
Mellor xogador da final da Copa da UEFA Sevilla FC España 2007
Trofeo Arconada Sevilla FC España 2009

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas