Descubrimentos portugueses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heinrich der Seefahrer.jpg
O Infante D. Henrique é a personificación da xesta portuguesa dos descubrimentos
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio Portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

Hai unanimidade entre os historiadores en considerar a conquista de Ceuta como o inicio da expansión portuguesa, tipicamente referida como os Descubrimentos. Foi unha praza conquistada con relativa facilidade, por unha expedición organizada por D. Xoán I, en 1415. A aventura ultramarina gañaría grande impulso a través da acción do Infante D. Henrique recoñecido internacionalmente como o seu grande impulsor.

Terminada a conquista cristiá da Península, o espírito da cristianización dos pobos musulmáns subsistía. Portugal dirixíase agora para o Norte de África, de onde viñeran os árabes que invadiron a Península Ibérica e aí se estabeleceron. Non obstante, Portugal non podía disfrazar o seu interese económico, xa que era tamén polo Norte de África que pasaba a rota das especias, un xénero de gran valor debido ao esforzo necesario para facelo chegar á Europa.

Portugal comeza así un proxecto nacional, o Norte de África que se estendería a toda o continente africano e mesmo ata Asia, que se prolongou por varios reinados e séculos, desde o reinado de D. Dinís (1279), con contactos nas Illas Canarias, ata ao de D. Xoán III (1557), altura en que se estabelecía o Imperio Portugués.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En 1317 D. Dinís contrata o xenovés Manuel Pesaña para o comando da flota real. Cerca de 1335 D. Afonso IV envía unha armada ao arquipélago das Canarias cuxos privilexios serían concedidos algúns anos máis tarde (1338) a mercadores estranxeiros. En 1344 as Canarias son concedidas ao castelán D. Luis de la Cerda e, no ano seguinte, Afonso IV envía unha carta ao papa Clemente VI referíndose ás viaxes do portugueses ás Canarias e protestando contra esa concesión.

Nas reivindicacións de posesión, sucesivamente renovadas polos dous pobos ibéricos, prevaleceu ao final a vontade do rei de Castela sobre estas illas.

En 1353 asínase o Tratado de Windsor coa Inglaterra para que os pescadores portugueses puidesen pescar nas costas inglesas.

En 1370 créase a Bolsa de Seguros Marítimos e en 1387 hai noticia do estabelecemento de mercadores do Algarve en Bruxas.

En 1395, D. Xoán I emite unha lei para regular o comercio dos mercadores estranxeiros.

Motivacións[editar | editar a fonte]

As motivacións para as descubertas foron principalmente, aínda que non unicamente, de carácter económico: procurar acceso directo a fontes de fornecemento de trigo, de ouro ou de escravos e, máis tarde, das especias orientais.

Para alén da necesidade de alcanzar as fontes de bens escasos ou caros en Europa, había a intención política de atacar ou debilitar pola retagarda o gran poderío islámico, adversario da Cristiandade (neste desiderato se confundindo a estratexia militar e diplomática e o espírito de evanxelización herdado das Cruzadas).

O equipamento[editar | editar a fonte]

Ata ao século XV, os Portugueses practicaban unha navegación de cabotaxe utilizando, para o efecto, a barca e o barinel, embarcacións pequenas e fráxiles que posuían só un mastro con vela cuadrangular fixa. Estes barcos non conseguían dar resposta ás dificultades que xurdían no avance para o sur, como os baixíos, os ventos fortes e as correntes marítimas desfavorábeis. Están asociadas aos comezos dos Descubrimentos, a viaxes á Illa da Madeira, Azores, Canarias, e á exploración do litoral africano ata polo menos ás alturas de Arguín na actual Mauritania.

Carabela Vera Cruz no río Texo, nas conmemoracións dos 150 Anos da Asociación Naval de Lisboa

Mais o navío que marcou a primeira fase dos Descubrimentos portugueses, a fase atlántica e africana foi a carabela. Era de navegación fácil e mellor capacidade de bordear, dado ter un aparello latino.

Porén a súa capacidade limitada de carga e a necesidade dunha gran tripulación eran os seus principais inconvenientes, que, no entanto, nunca obstaron ao seu éxito. Este débese en boa parte á evolución técnica rexistrada no século XV e grazas ás múltiplas viaxes de exploración da costa atlántica africana, substituíndo definitivamente as barcas e os barineis naquelas actividades de navegación.

Para a navegación astronómica os lusos, como outros europeos, recorreron a instrumentos de navegación árabes, como o astrolabio e o cuadrante (un cuarto de astrolabio cun fío de chumbo), que alixeiraron e simplificaron. Inventaron tamén outros, como a balestilla, ou "bengala de Xacob" (para obter no mar a altura do sol e doutros astros), que non utiliza a graduación dun arco de circunferencia mais un segmento deslizante ao longo dunha hasta, co ollo do observador en liña recta co astro observado. Mais os resultados variaban conforme o día do ano, o que obrigaba a correccións, feitas de acordo coa inclinación do Sol en cada un deses días. Por iso os Portugueses utilizaron táboas de inclinación do Sol no século XV ou Táboas astronómicas. Eran preciosos instrumentos de navegación en alta mar, coñecendo unha notábel difusión, como outras táboas que contiñan correccións necesarias para o cálculo da latitude a través da Estrela Polar.

O Norte de África[editar | editar a fonte]

Cinco anos despois da conquista de Ceuta (1415), o infante D. Henrique foi nomeado administrador da Orde de Cristo. Seguiu o desastre de Tánxer, en 1437,coa derrota portuguesa, adiando os portugueses o proxecto de conquistar Marrocos.

No reino de D. Afonso V conquistáronse as seguintes prazas: Alcácer Ceguer (1458), Arcila (1471) e Tánxer, despois dos habitantes teren fuxido debido a caída de Arcila (1471). Safín (1508), Mazagón (1513) e Azamor (1513), conquistáronse no reinado de D. Manuel I.

Mais a vida dos portugueses nestas cidades fortificadas foi sempre difícil debido aos constantes ataque dos árabes. Os alimentos, a auga e outros bens necesarios a vida cotiá viñan de Portugal ou de Castela por mar ou eran comprados aos árabes que en tempo de paz se dispuñan a comerciar cos portugueses.

A illa da Madeira[editar | editar a fonte]

Aínda durante o reinado de D. Xoán I, e baixo comando do Infante D. Henrique dáse o re-descubrimento da illa de Porto Santo por João Gonçalves Zarco (1418) e máis tarde da illa da Madeira por Tristão Vaz Teixeira. Trátase dun redescubrimento porque xa se sabía da existencia das illas da Madeira no século XIV, segundo revela a cartografía da mesma época. Tratábanse de illas deshabitadas que, polo seu clima, ofrecían posibilidades de poboamento aos portugueses e reunían condicións para a exploración agrícola.

Mapa antigo de Madeira

Os arquipélagos da Madeira e das Canarias espertaron, desde cedo, o interese tanto dos portugueses como dos casteláns; por seren veciños da costa africana, os referidos arquipélagos representaban fortes potencialidades económicas, en especial as Canarias, e tiñan unha grande importancia estratéxica. A disputa destes territorios deu orixe ao primeiro conflito ibérico, motivado por razóns expansionistas.

Para tentar evitar unha situación idéntica á das Canarias, perdidas para Castela, en 1424 iníciase a colonización da Madeira: adoptando un sistema de capitanías. Inicialmente a Madeira exportaba cedro, teixo, sangue-de-dragón, anil e outros materiais tintureiros; a partir de 1450 tornouse un centro produtor de cereais.

Coa caída na produción de cereal, o infante D. Henrique resolve mandar plantar na illa da Madeira a cana de azucre — rara na Europa e, por iso, considerada especia —, promovendo, para iso, a vida, da Sicilia, da soca da primeira planta e dos técnicos especializados nesta cultura. A cultura da cana e a industria da produción de azucre desenvolveríasen ata ao século XVII, seguíndose a industria da transformación — as alzapremas — facendo a extracción do suco para, despois, vir a facerse o recocer dos meles como entón se chamaba á fase da refinación.

Carta dos Azores de Luís Teixeira (c. 1584)

Máis tarde, cerca do século XVII, a cultura da cana de azucre sería promovida no Brasil, pasando a Madeira a investir na produción do viño.

Os Azores[editar | editar a fonte]

En 1427, danse os primeiros contactos co arquipélago dos Azores por Diogo de Silves. Tamén nese ano é descuberto o grupo oriental dos Azores (san Miguel e Santa María). Segue o descubrimento do grupo central (Terceira, Graciosa, São Jorge, Pico e Faial). En 1452 o grupo occidental (Flores e Corvo) é descuberto por João de Teive.

Este arquipélago, tamén deshabitado, reunía condicións para o poboamento. Así, tamén aquí se aplica o sistema de capitanías, e a produción expresase, sobre todo, na do azucre, viño, trigo e gando.

A exploración de África[editar | editar a fonte]

A navegación africana de Portugal está asociada á figura do infante D. Henrique, que dirixiu todas as exploracións como patrimonio persoal, a partir da base de Sagres, acompañándose por un grupo de cartógrafos, astrónomos e especialistas. Alén dos intereses materiais, o príncipe era guiado polo desexo de estabelecer unha alianza co Preste Xoán das indias, un príncipe cristián que gobernaría as terras da Etiopía. Grazas a esa alianza, D. Henrique pensaba expulsar os Musulmáns da Terra Santa e recomezar as Cruzadas, mais nunha escala planetaria.

No entanto, a interpretación dos descubrimentos portugueses non se debe resumir nin se patronizar pola actuación exclusiva deste infante. Por tras dese movemento está un grupo vasto de mercadores e armadores profesionais, interesados e participantes nas navegacións e, como dirixente gobernativo, o infante D. Pedro, responsábeis por unha serie importante de iniciativas ás que o Navegador se adheriu.

Imaxe de Preste Xoán no trono, mapa da África oriental no Queen Mary's Atlas, Diogo Home, 1558, Museo Británico

Xa na rexencia de D. Afonso V, en 1441 Nuno Tristán chega ao Cabo Branco. Xuntamente con Antão Gonçalves fixeron incursións no Río do Ouro, de onde foi obtido ouro en po. A partir de entón ficou xeneralizada a convicción de que esa área da costa africana podería, independentemente de novos avances, servir para o estabelecemento dunha actividade comercial que viría corresponder ás necesidades de moeda que, en Portugal, como en toda a Europa, se facía sentir.

Coas visitas anuais á Guinea e Mina para cargar escravos e ouro, trocados por tecido e trigo, adquiridos na Madeira ou no estranxeiro, subía o valor da moeda portuguesa. En Lagos pasou a funcionar un depósito de escravos e produtos da Guinea e Mina, o cal pasaría a ser coñecido como Casa da Guinea e, despois da súa transferencia para Lisboa, en 1482, por Casa da Guinea e da Mina. Esta sería a institución predecesora da Casa da india.

En 1456, Diogo Gomes descobre Cabo Verde e segue a ocupación das illas aínda no século XV, poboamento este que se prolongou ata ao século XIX. O poboamento sería realizado con negros traídos de Guinea, e alí se desenvolveu a cultura do algodón.

En 1455 é emitida a bula do papa Nicolao V declarando que as terras e mares descubertos son pertenza dos reis de Portugal. No ano seguinte chegaba a Bristol o primeiro cargamento de azucre provindo da illa da Madeira.

Liña do ecuador marcada no Illote das Rolas, en San Tomé e Príncipe, Golfo da Guinea

En 1460, Pero de Sintra atinxe a Serra Leoa. Neste mesmo ano falece o Infante D. Henrique. Coa morte do Infante D. Henrique en 1460, a misión é asignada temporalmente a seu sobriño o Infante D. Fernando (fillo de D.Duarte). En 1469, D. Afonso V entrega, por cinco anos, o exclusivo do rescate do negocio da Guinea a un mercador da cidade de Lisboa, Fernão Gomes, mediante o pago dunha renda anual de 200.000 reais. Segundo João de Barros, ficaba aquel «honrado cidadán de Lisboa» coa obrigación de continuar os Descubrimentos, pois o exclusivo era garantido con «condición que en cada un destes cinco anos fose obrigado a descubrir pola costa en diante cen leguas, de maneira que ao cabo do seu arrendamento desas quiñentas leguas descubertas[1]». Este avance terrestre, do cal non hai grandes pormenores, tería comezado a partir da Serra Leoa, onde chegaran xa Pedro Sintra e Soeiro da Costa.

En 1471, ao servizo de Fernão Gomes, João de Santarén e Pero Escobar descobren a costa setentrional do Golfo da Guinea, atinxindo a «mina de ouro» de Sama (actualmente Sama Bay), a costa da Mina, a de Benin, a do Calabar e a do Gabón e as illas de San Tomé e Príncipe e de Ano Bon. As penúltimas serían aproveitadas para a produción do azucre, utilizándose, para iso, a man de obra dos escravos traídos de Angola.

Tanto ou máis do que a adquisición do ouro e especias, o comercio escravista ofrecía boas perspectivas de lucro, nese período de exploración mercantial da costa occidental africana. Efectivamente, o xa antigo tráfico de escravos capturados nas Canarias (por casteláns, franceses, italianos e talvez portugueses), facíase cada vez máis difícil aos portugueses. Igualmente difícil era adquirir árabes en Marrocos.

Trocábanse escravos por panos e outros artigos. Sen loitas, eran os propios mercadores árabes ou os propios negros que alí vendían escravos ao Portugueses — que, pola súa banda, os vendían a outros europeos.

Seguiron outros navegantes como Soeiro da Costa (que deu nome ao río Soeiro), Fernão do Pó (que descubriu a illa Formosa (en África), coñecida posteriormente polo nome do seu descubridor), João Vaz Corte-Real, que en 1472 descobre a Terra Nova, e en 1473 Lopes Gonçalves (cuxo nome se transmitiu ao cabo Lope, agora coñecido por Cabo Lopez) sobrepasou o Ecuador.

En 1474, D. Afonso V entrega ao seu fillo, o príncipe D. Xoán, futuro D. Xoán II, con só dezanove anos, a tarefa dos Descubrimentos por terras africanas. Máis tarde, en 1481, dirá o monarca en novo diploma que confirma a misión do príncipe D. Xoán: «...sabemos certo que el dá, per si, e per os seus oficiais, mui boa orde á navegación destes trautos e os goberna mui ben.». Así que lle é entregue a política de expansión ultramarina, D. Xoán organiza a primeira viaxe de Diogo Cão. Este fai o recoñecemento de toda a costa ata á rexión do Padrón de Santo Agostiño. En 1485, Diogo Cão leva a cabo unha segunda viaxe estendéndose ata á Serra Parda.

Hai noticias de cargamentos de azucre da Madeira seren entregadas en Rúan (1473) e Dieppe (1479).

En 1479 asínase o Tratado das Alcázovas, en que Portugal abandonaría definitivamente as pretensións á pose das Canarias.

En 1482 dáse a construción da Fortaleza de san Xorxe da Mina e, no ano seguinte, Diogo Cão chega ao río Zaire. Un ano despois, Martín da Bohemia chega a Portugal.


En 1486 fúndase unha factoría na Nixeria.

A ligazón do Atlántico co Índico[editar | editar a fonte]

En 1487, D. Xoán II envía Afonso de Paiva e Péro da Covillá en busca do Preste Xoán e de informacións sobre a navegación e comercio no Océano Índico. Nese mesmo ano, Bartolomeu Dias, comandando unha expedición con tres Carabelas, atinxe o Cabo da Boa Esperanza. Estabelecíase así a ligazón náutica entre o Atlántico e o Océano Índico. O proxecto para o camiño marítimo para a India foi deseñado por D. Xoán II como medida de redución dos custos nas trocas comerciais coa Asia e tentativa de monopolizar o comercio das especias. A xuntar á cada vez máis sólida presenza marítima portuguesa, D. Xoán pretendía o dominio das rutas comerciais e expansión do reino de Portugal que xa se transformaba en Imperio. Porén, o emprendemento non sería realizado durante o seu reinado. Sería o seu sucesor, D. Manuel I que iría designar Vasco da Gama para esta expedición, aínda que mantendo o plano orixinal.

Porén, este emprendemento non era ben visto polas altas clases. Nas Cortes de Montemor o Novo de 1495 era ben patente a opinión contraria en canto á viaxe que D. Xoán II tan esforzadamente preparara. Contentábanse co comercio da Guinea e do Norte de África e temíase polo mantemento dos eventuais territorios alén mar, polo custo implicado na expedición e mantemento das rutas marítimas que de aí viñesen. Esta posición personifícase na personaxe do Vello do Restelo que aparece, n'Os Lusíadas de Luís Vaz de Camoes, a oporse ao embarque da armada.

El-Rei D. Manuel non era desa opinión. Mantendo o plan de D. Xoán II, mandou aparellar as naves e escolleu a Vasco da Gama, cabaleiro da súa casa, como capitán desta armada. Curiosamente, segundo o plan orixinal, D. Xoán II tería designado ao seu pai, Estévão da Gama, para comandar a armada; mais nesa época xa faleceran ambos.

O 8 de xullo de 1497 iniciábase a expedición semi-planetaria que terminaría dous anos despois coa entrada da nau Berrio río Texo adentro, traendo a boa nova.

En 1492, Abraham Zacuto é expulsado da España por ser xudeu, indo vivir a Portugal, levando consigo as táboas astronómicas que axudarían os navegadores portugueses no mar. Ante a chegada de Cristovo Colón á América no mesmo ano, segue a promulgación de tres bulas papais- as Bulas Alexandrinas- que concedían ao reino de Castela o dominio desas terras e sería esa decisión de Alexandre II que iría vingar.

Ante iso, D. Xoán II consegue unha renegociación, mais só entre os dous Estados, sen a intervención do Papa. Así, en 1494 asínase o Tratado de Tordesillas: o Mundo divídese en dúas áreas de exploración: a portuguesa e a española. O mundo sería dividido en función dun semi-meridiano que debería pasar a 370 leguas de Cabo Verde - "mare clausum".

A chegada á India[editar | editar a fonte]

No reinado de D. Manuel I, parte do Restelo, a 8 de xuño de 1497, a armada comandada por Vasco da Gama. Tratábase dunha expedición comportando tres embarcacións. É a partir da viaxe de Vasco da Gama que se introducen as naus. A 20 de maio de 1498 Vasco da Gama chega a Calcuta. Estabelecíase así o camiño marítimo para a India.

A chegada ao Brasil[editar | editar a fonte]

Detalle do mapa "Terra Brasilis" (Atlas Miller, 1519), actualmente na Biblioteca Nacional de Francia.
Artigo principal: Descuberta do Brasil.

En 1500, parte a segunda expedición para a india comandada por Pedro Álvares Cabral.

Era unha expedición composta por doce embarcacións. Mais Pedro Álvares Cabral, á altura de Cabo Verde, desvíase da ruta e en Abril de 1500 chega a unha terra primeiro denominada Illa de Vera Cruz, máis tarde Terra de Santa Cruz e finalmente Brasil, pola abundante existencia de madeira pau-brasil.

Pedro Álvares Cabral chega a Calcuta en 1501.

Ocorren algúns confrontamentos co Samorín, co cal Pedro Álvares Cabral acaba por romper relacións. Así, diríxese para Sur e estabelece unha factoría en Cochín.

A chegada na China e no Xapón[editar | editar a fonte]

Mapa onde mostra Macau e Nagasaki e a súa posición nas rutas comerciais portuguesas e españolas, no seu período máis próspero (finais do séc. XVI e principios do séc. XVII).

En 1514, Jorge Álvares atinxe a China.

En 1543, Francisco Ceimoto, Antonio Mota e Antonio Peixoto son os primeiros europeos a atinxir o Xapón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BARROS, João]], Décadas da Asia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]