Porto Santo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista aérea de Porto Santo.

Porto Santo (Portugal) foi descuberta en 1418 por Joao Goncalvez Zarco e Tritao, esta situada a 40 km ao nordeste de Madeira. A Illa sobresae pola súa esplendida praia de area dourada de case 10 km.

O seu Capital é Vila Baleira, onde viviu Cristovo Colón, hoxe en día esa casa é o Museo Cristovo Colón.

A Illa presenta unha arida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa é salpicada por muíños de vento.

Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico de Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII para facer fronte as frecuentes invasións dos piratas.

A viaxe entre Madeira - Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata o porto de Porto Santo.

[editar] Sitios Turísticos

  • Pico do Castelo
  • Pico do Facho
  • Fonte de Area
  • Ponta dá Calheta
  • A Pedeira
Ferramentas persoais