Condado Portucalense
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O condado Portucalense foi unha entidade política existente en dúas ocasións no actual territorio de Portugal ao longo do proceso de Reconquista.
O primeiro foi fundado por Vimara Pérez despois da presúria de Portucale (Porto) en 868, formándose un título hereditario. O condado foi gobernado por numerosos condes, desde Vimara ou Guimara ata 1071, cando o rei García de Galicia tivo que sufocar a rebelión do seu titular, o conde Nuno Mendes, que sería derrotado na batalla de Pedroso, pasando o título a mans reais.
O segundo foi constituído contra 1095 en feudo do rei Afonso VI, que llo ofreceu a Henrique de Borgoña, un borgoñón que veu auxilialo na Reconquista de terras ós mouros, e que recibiu tamén a man da súa filla Tareixa de León. Este último condado era moito maior en extensión, xa que abarcaba tamén os territorios do antigo condado de Coimbra, suprimido en 1091, partes de Trás-os-Montes e aínda do sur de Galicia (mormente da diocese de Tui).
Hai que notar que Condado é un termo xenérico para designar o territorio Portucalense, xa que os seus xefes eran alternativamente titulado Comite (conde), Dux (duque) ou Princeps (príncipe).