Tánxer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°46′N 5°48′W / 35.767°N 5.800°W / 35.767; -5.800

Tánxer
طنجة (en árabe)
ⵟⴰⵏⵊⴰ (en bérber)
Wilaya de Tanger.gif Blason.commune.tanger.png
Tangier 5184a.jpg
Vista da baía de Tánxer, durante o solpor.
Situación xeográfica
Tánxer en Marrocos
Tánxer
Tánxer
País Flag of Morocco.svg Marrocos
Rexión Tánxer-Tetuán
Xeografía
Altitude 80 msnm
Superficie 302,5 km²
Poboación
Poboación 669.680 (2004)
Densidade 3.365,23
Xentilicio Tanxerino/a
Información
Código postal 90000
Alcalde
Páxina web
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras tifinagh. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Tánxer[1] (en árabe: طنجة Ṭanjah; en bérber: ⵟⴰⵏⵊⴰ Ṭanja) é unha cidade ao norte de Marrocos, capital da rexión de Tánxer-Tetuán. Está situada na costa norteafricana, á entrada do estreito de Xibraltar. Contaba en 2004 cunha poboación de 669.680 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada por colonizadores cartaxinenses a comezos do século V a.C. O seu nome posiblemente deriva da deusa berber Tinjis (ou Tinga). No primeiro século a.C., pasou a estar gobernada polos romanos. No mandato de Augusto, a colonia foi a capital da provincia de Mauretania Tingitana. No século V, os vándalos conquistaron e ocuparon "Tingi". Un século despois pasou a formar parte do Imperio bizantino, pouco antes de estar controlada e islamizada polos árabes da dinastía Omeia no 702.

Na Baixa Idade Media, Tánxer pasou a pertencer, desde 1471, a Portugal, despois de varios intentos fallidos, até que en 1661 pasou a Carlos II de Inglaterra como parte do dote da infanta portuguesa Catarina de Braganza. Non obstante, o dominio inglés sobre a cidade durou pouco tempo. En 1679 o sultán Moulay Ismail de Marrocos tentou sen éxito ocupar a cidade, pero mantivo un gran bloqueo que finalmente levou á retirada inglesa o día 6 de febreiro de 1684.

Século XX[editar | editar a fonte]

Xa no século XX, Tánxer estivo na base dunha crise internacional que precede á I Guerra Mundial, debido a que o Kaiser Guilherme II quixo establecer alí intereses alemáns, indo contra os intereses de Francia, que tentaba tamén controlar o sultanato.

Tras converterse Marrocos nun protectorado francés en 1912, a cidade acabou por ser declarada zona internacional, administrada polo Reino Unido, España, Francia, a partir de 1923 tamén por Portugal, Italia, Bélxica, Países Baixos, Suecia, Estados Unidos e, desde 1945, Unión Soviética. Foi despois unida ao reino de Marrocos, cando a independencia deste en 1956.

Economía[editar | editar a fonte]

Tánxer é o segundo centro industrial máis importante de Marrocos, despois de Casablanca, con industrias téxtil, química, metalúrxica e naval. Actualmente, a cidade posúe dous parques industriais, que teñen o estatuto de zona Franca.

A economía de Tánxer baséase fortemente no turismo. O número de resorts á beira do mar vén aumentando, con proxectos patrocinados por investimentos estranxeiros. Compañías do sector inmobiliario e do sector de construción civil están investindo cada vez máis na infraestrutura turística.

O comercio artesanal na cidade vella (Medina) especializouse principalmente en produtos de coiro, manufacturas de madeira e prata, roupas tradicionais, e calzado. A agricultura da área basicamente produce cereais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tanxerino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tánxer Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]