Anil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Anil (planta).

Anil ou Índigo é a cor da luz entre 440 e 420 nanómetros de lonxitude de onda, localizada entre o azul e o violeta. Así como moitas outras cores (como laranxa, rosa e violeta), a orixe do nome provén dun obxecto natural - a planta Índigo. Pola etimoloxía, do árabe annir e do persa nil (Índigo).

O anil non é unha cor primaria, nin aditiva, nin substractiva. Foi batizada e definida por Isaac Newton cando o físico inglés dividiu o espectro óptico (que é, como se sabe, un continuo de frecuencias). El distinguiu sete cores para asocialas aos planetas entón coñecidos, días da semana, notas na oitava e outras listas con sete elementos.

O ollo humano é relativamente insensíbel á frecuencia do anil, tanto que moitos non conseguen distinguilo do azul ou do violeta. Por esa e outras razóns, moitos (entre eles, Isaac Asimov) defenden que o anil non se debe considerar unha cor propiamente dita senón unha variación do azul ou do violeta.

[editar] Coordenadas aproximadas da cor

Triplete hexadecimal #4B0082
RGB (r, g, b) (75, 0, 130)
CMYK (c, m, y, k) (54, 130, 0, 125)
HSV (h, s, v) (275, 100, 51)

[editar] Véxase tamén

Lista de cores

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas