Xoán II de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán II

Rei de Portugal, nado en Lisboa o 3 de maio de 1455 e morto en Alvor o 25 de outubro de 1495. Alcumado O Príncipe Perfeito. Fillo do rei Afonso V de Portugal e de Isabel de Coimbra. Recibiu unha coidada instrución civil e militar.

Subiu ao trono no ano 1481. Durante o seu reinado produciuse unha das etapas de maior desenvolvemento da exploración portuguesa. Foi un dos asinantes do Tratado de Tordesillas, o 7 de xuño de 1497 entre Castela e Portugal

Foi home de espírito tolerante que acolleu no seu país aos xudeus expulsados de España. Casou con Leonor de Viseu e con Leonor de Lancaster.

O seu corpo descansa no Mosteiro de Santa Maria da Vitória, na Batalha. Morreu sen herdeiros lexítimos escollendo a Manuel de Viseu, Duque de Beja, o seu primo e cuñado, como sucesor.

Rei de Portugal

Segue a:
Afonso V de Portugal
Xoán II de Portugal
Precede a:
Manuel I de Portugal
Dinastía de Avis ou Joanina