Primeira República Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República Portuguesa

1910–1926
Bandeira Escudo
Himno: A Portuguesa
Capital Lisboa
Lingua Portugués
Relixión Estado laico
Goberno República parlamentar
Presidente
 • 1910–1911 Teófilo Braga (prim.)
 • 1925–1926 B. Machado (últ.)
Primeiro Ministro
 • 1910–1911 Teófilo Braga (prim.)
 • 1925–1926 António da Silva (últ.)
Lexislatura Congreso da República
 - Cámara alta Senado
 - Cámara baixa Cámara de Deputados
Historia
 • Proclamación 5 de outubro de 1910
 • Disolución 29 de maio de 1926
Superficie
 • 1911 92.391 km²
Poboación
 • 1911 est. 5.969.056 
     Densidade 64,6/km²
 • 1920 est. 6.032.991 
     Densidade 65,3/km²
Moeda Escudo

A Primeira República Portuguesa estendeuse durante un complexo período de dezaseis anos na historia de Portugal, entre a fin do período de monarquía constitucional marcado pola Revolución do 5 de outubro de 1910 e o golpe de estado de 28 de maio de 1926, o cal instaurou unha ditadura militar coñecida como Ditadura Nacional que sería seguida polo rexime ditatorial corporativista de António de Oliveira Salazar coñecido como Estado Novo.