Illa do Corvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa do Corvo
Vista da illa
Corvo.png
Datos
Capital Vila do Corvo
País Portugal
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Azores
Linguas Portugués
Poboación (2004) 451 hab.
Superficie 17´13 km²
Densidade
Coordenadas 39°40′22″N 31°06′52″W / 39.67278°N 31.11444°W / 39.67278; -31.11444Coordenadas: 39°40′22″N 31°06′52″W / 39.67278°N 31.11444°W / 39.67278; -31.11444
Maior Altura 770 m.
Localización
Localización  da illa

A Illa do Corvo (en portugués, Ilha do Corvo) é a illa máis pequena do arquipélago dos Azores, Portugal, estando situada no grupo oriental de illas, ao norte da Illa de Flores. A illa ocupa unha superficie de 17,13 km², con 6,5 km de longo por 4 km de ancho. Esta situada nas coordenadas 39°40′N 31°06′W / 39.667°N 31.100°W / 39.667; -31.100. Dista da Illa de Flores, 6 millas náuticas.

A illa esta formada por unha montaña volcánica extinguida, o Monte Gordo de 770 metros de altura.

Nos mapas xenoveses do século XIV menciónase a Insula Corvi Marini (a illa dos corvos mariños ou corvos mariños), aínda que é pouco probable que esta designación se referise especificamente a esta illa, este nome é a orixe do nome da illa. Nun principio parece que foi unha designación para as dúas illas do Grupo Oriental do arquipélago (Flores e Corvo). Ambas as dúas foron descubertas por Diogo de Teive no regreso da súa segunda viaxe de exploración (1452), estando moi próximas. En tempos de Henrique o Navegante foi illa de Santa Iria. Tamén se coñeceu como "Illote das Flores" (Iléu dás Flores) e tamén "Illa do Marco" (Ilha do Marco), porque o monte do Caldeirão servía como referencia xeográfica aos mariñeiros.

O 12 de novembro de 1548, Gonçalo de Sousa, 2º Capitán donatario das illas de Flores e de Corvo, foi autorizado para enviar á illa escravos (mulatos probablemente orixinarios da Illa de San Antonio, Cabo Verde) como agricultores e gandeiros. O poboamento inicial da illa comezou co envío dunha expedición de 30 persoas, dirixidas por Antão Vaz de Azevedo, orixinario de Illa Terceira. Cara a 1580 establecéronse na illa colonos de Flores.

En 1587, Corvo foi saqueada e as casas queimadas por corsarios ingleses que tamén atacaron Lajes das Flores. No ano 1632 a illa sufriu dúas tentativas de desembarco de piratas alxerianos pero foron rexeitados pola poboación local.

No século XIX comezou a emigración cara a Estados Unidos e Canadá.

Os habitantes viviron nun grande illamento durante moitos séculos, sendo a vila de Corvo o municipio máis illado de Portugal. Durante o inverno non existen conexións marítimas regulares con Flores, aínda que no verán chega a haber varias conexións ao día que tardan uns 45 minutos entre Santa Cruz das Flores e Vila de Corvo. Co inicio do tráfico aéreo o 27 de abril de 1972 os habitantes empezaron a sentirse menos illados do mundo. Na actualidade hai conexións con Santa Cruz dás Flores, Horta e Lajes (Illa Terceira) tres veces por semana.


A Caldeirão do Corvo, Crater









Galería[editar | editar a fonte]