Río de Oro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posesións e protectorados no noroeste de África. Río de Oro é a rexión situada ao sur do paralelo 26º, entre Mauritania e o océano Atlántico.

Río de Oro (en árabe: وادي الذهب wādī-að-ðahab, transcrito tamén Oued Edhahab) era, xunto a Saguia el Hamra, un dos dous territorios en que se dividía o Sáhara Español antes da ocupación de Marrocos. Abarcaba unha superficie de 184.000 km² e a súa capital era Villa Cisneros (actual Dakhla).

O paralelo 26º servíalle como fronteira norte. Era atravesado polo Trópico de Cáncer. O límite sur era o Cabo Branco que forma unha península na que se acha a cidade de La Güera. Esta península foi anexionada por Mauritania á vez que se retiraba de todo o territorio saharauí que ocupara entre 1976 e 1979.

A fronteira entre a zona mauritana e marroquí era unha liña que partía no oeste ao norte de Vila Cisneros na costa, no paralelo 24º, no leste ata a fronteira con Mauritania á altura do paralelo 23º.

A denominación orixinal do territorio débese a que en 1442 uns portugueses parecen obter un pouco de ouro en po a cambio das súas mercancías, e creron descubrir un rico país aurífero. Nalgúns mapas antigos, así un de Diego Ribera publicado en 1529, figura vindo da Nigricia Central e desemboca no Atlántico mentres, en mapas máis modernos aparece un curso moito máis curto, que desemboca no golfo en cuestión co nome de Uadi Meguetha Mersug, chegando unha expedición española xa nos anos 1885 e 1886 a declarar que non existía río algún que desembocase no golfo, podendo levar a unha posible equivocación a forma longa e estreita do golfo que os descubridores portugueses tomaron polo estuario dun río.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]