Dinastía de Avis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán I de Portugal
Xoán I de Portugal, Mestre de Avis, o de Boa Memoria, fundador da Dinastía de Avis.
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio Portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

A Dinastía de Avis (ou Avís), ou Dinastía Xoanina, foi a segunda dinastía a reinar en Portugal, entre 1385 e 1581-1582[1]. Tivo inicio a finais da crise de 1383-1385, cando o mestre da Orde de Avis, D. Xoán, fillo natural de el-rei D. Pedro I, foi aclamado rei nas Cortes de Coimbra.

Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, D. Beatriz, muller de Xoán I de Castela, definitivamente vencida na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385.

A Casa de Avis, sucesora familiar da anterior dinastía Afonsina, reinou no territorio peninsular de Portugal entre 1385 e 1581, cando D. Antonio é vencido e destronado na batalla de Alcántara, sendo aclamado no seu lugar o estranxeiro Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, baixo a ameaza do seu exército que xa ocupara Lisboa. Pero reina aínda nas Azores ata 1582, coa caída de Angra do Heroísmo, cando a Illa Terceira e as restantes illas azorianas réndense á armada invasora do Marqués de Santa Cruz.

A Dinastía de Avis é substituída pola unión entre as coroas de Portugal e de todos os demais reinos de Felipe II, que deu comezo á dinastía dos Habsburgo ou Dinastía de Austria.

Reis da Dinastía de Avis[editar | editar a fonte]

Bandeira da Casa de Avis

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SERRÃO, Joaquim Veríssimo, O Reinado de D. Antonio Prior do Crato (1580-1582), Coimbra, 1956. Sendo a primeira data (1581) a aclamación de D. Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, e a segunda (1582), o abandono definitivo do territorio portugués polo rei derrotado, D. Antonio, quen se viu obrigado a pasar de Angra do Heroísmo a Francia a continuar o combate por outros medios.