Manuel I de Portugal
| Manuel I de Portugal | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarbes, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopia, Arabia, Persia e India, etc. | |||
| Período: | 25 de outubro de 1495 - 13 de decembro de 1521 | ||
| Antecesor: | Xoán II de Portugal | ||
| Sucesor: | Xoán III de Portugal | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 31 de maio de 1469 | ||
| Lugar: | Alcochete, Portugal | ||
| Falecemento: | 13 de decembro de 1521 | ||
| Lugar: | Lisboa, Portugal | ||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Sabela de Aragón e Castela María de Aragón e Castela Leonor de Austria |
||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Manuel I de Portugal, nado en Alcochete o 31 de maio de 1469 e finado en Lisboa o 13 de decembro de 1521, foi Rei de Portugal e Algarbes. Alcumado de "O Venturoso", "O Benaventurado" ou "O Afortunado", polos acontecementos felices que o levaron ao trono e que ocorreron no seu reinado, concretamente o descubrimento do camiño marítimo para a India e Brasil. Foi o primeiro rei a asumir o título de pela Graça de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquém e d'Além-Mar em África, e Senhor da Guiné, e do Comércio, Conquista e Navegação da Arábia, Pérsia e Índia.. (pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, d'aquém e d'Alén-Mar en África, Señor do Comercio, da conquista e da Navegación de Arabia, Persia e India).
Índice |
Traxectoria [editar]
Á morte de Don Xoán II sen fillos lexítimos (o príncipe D. Afonso falecera en condicións tráxicas nunca completamente esclarecidas en 1491), sen irmáns vivos (a infanta Santa Xoana, a súa irmá, falecera en 1490), sen lograr lexitimar o seu bastardo, o infante D. Xorxe de Lencastre, futuro Duque de Coimbra, a Coroa Portuguesa acabou por pasar ao seu primo e cuñado D. Manuel, Duque de Bexa, o cal era fillo de D. Fernando, Duque de Viseu (irmán do rei D. Afonso V), e de D. Beatriz (filla do infante D. Xoán, o penúltimo dos membros da Ínclita Xeración). Así, aínda que por parte paterna fose neto do rei D. Duarte, e pola materna, bisneto de D. Xoán I, o feito de non ser herdeiro directo, mais si colateral, leva a que xurdan, por veces, referencias a unha quebra na dinastía de Avis ao nivel da casa reinante, considerándose inaugurada así a Casa de Avis-Bexa (en homenaxe ao ducado no cal fora investido por D. Xoán II, e que detina á data da súa aclamación, en 1495), a cal se mantería no poder até o fin da dinastía, en 1580.
Reinado [editar]
Aclamado o 27 de outubro de 1495, D. Manuel I demostrou ser un sucesor á altura, apoiando os descubrimentos portugueses e o desenvolvemento dos monopolios comerciais. Durante o seu reinado, Vasco da Gama descubriu o camiño marítimo para a India (1498), Pedro Álvares Cabral descubriu o Brasil (1500), D. Francisco de Almeida, converteuse no primeiro vicerrei da India (1505) e o almirante D. Afonso de Albuquerque asegurou o control das rutas comerciais do Océano Índico e Golfo Pérsico e conquistou para Portugal lugares importantes como Malaca, Goa e Ormuz. Tamén no seu reinado organízanse viaxes a occidente, téndose chegado á Grenlandia e á Terra Nova.
D. Manuel I opta por unha política de expansión indio e colocar en práctica os seus principios, creando a oportunidade para a realización da viaxe de Vasco da Gama en 1497, contra, ao que parece, a oposición de parte do seu Consello. Elixe, aínda, a través da inversión pro-aristocrática, ou sexa, de restauración de privilexios e dereitos antes postos en causa e isto seguramente por opción política de Estado.
O rei edifica, igualmente, un Estado que anunciando en boa medida o absolutismo Régio e o goberno ilustrado, en contrapunto ao centralismo do seu antecesor D. Xoán II[1].
Todo iso contribuíu á constitución do Imperio Portugués, facendo de Portugal un dos países máis ricos e poderosos de Europa. D. Manuel I utilizou a riqueza obtida polo comercio para construír edificios reais, no que se coñecería máis tarde como estilo manuelino, dos que son exemplo o Mosteiro dos Xerónimos e Torre de Belém. Atraeu científicos á corte de Lisboa e establecéronse tratados comerciais e relacións diplomáticas con China e Persia, ademais das conquista feitas no norte de África como Safim, Azamor e Agadir.
A súa completa consagración europea deuse coa embaixada en 1513, dirixida por Tristão da Cunha, enviando ao Papa León X presentes magníficos como pedras, tecidos, xoias e animais. Destes últimos destacaron un cabalo persa e un elefante, chamado Hanno, moi habilidoso, que sería mascota do Papa. Pero unha das moitas novidades que encantada os espíritos curiosos das cortes europeas da época tería sido sen dúbida o rinoceronte traído das Indias, que asumiu, entón, un papel preponderante na arte italiana.
O seu reinado estará tamén recordado pola persecución feita a xudeus e musulmáns en España, particularmente nos anos de 1496 a 1498. Esta política foi tomado por forma a agradar aos reis católicos, cumprindo unha das cláusulas do seu contrato de matrimonio coa herdeira de España, Isabel de Aragón.
O Masacre de Lisboa de 1506 foi quizais unha das consecuencias da política de D. Manuel I. Seguidas das conversións forzadas dos xudeus e, logo, confiado ao seu embaixador en Roma a misión secreta de pedir ao Papa, en 1515, o permiso de establecer a Inquisición en Portugal.
Na cultura, D. Manuel I procedeu á reforma dos estudos xerais, creando novos plans educativos e bolsas de estudo. Na súa corte xorde tamén Gil Vicente, o pai do teatro portugués, e Duarte Pacheco Pereira, o xeógrafo, autor do Esmeraldo de situ Orbis.
Ao analizar a súa obra, obsérvase o intento de reforma do reino, «a través da creación de instrumentos unificado de carácter estatal, como son a publicación dos foros Novos, reforma os antigos, a lectura Nova (1504-1522), a recompilación e revisión da lexislación, consagrada polas Ordenacións Manuelinas, a reorganización da Facenda Pública e a estruturación administrativa. Con el organízase o estado moderno»[2].
Descendencia [editar]
Do primeiro matrimonio, con Sabela de Aragón e Castela, infanta de España (1470-1498):
Do segundo matrimonio, coa súa cuñada María de Aragón e Castela, infanta de España (1482-1517), a 30 de outubro de 1500:
- Xoán III, rei de Portugal (1502-1557)
- Sabela de Portugal (1503-1539), casada con Carlos V, emperador de Alemaña que sería mai de Filipe II de España;
- Beatriz de Portugal, Duquesa de Savoia (1504-1538), casada con Carlos III, duque de Savoia
- Luis, duque de Beja (1506-1555), condestable do Reino e Prior da Orde de San Xoán de Xerusalén, pai do polémico D. Antonio, prior do Crato;
- Fernando, Duque da Guarda (1507-1534), casado con Guiomar Coutinho, Condesa de Marialva;
- Afonso de Portugal, cardeal (1509-1540), arcebispo de Évora e de Lisboa.
- María de Portugal (1511-1513)
- Cardeal Henrique, rei de Portugal (1512-1580), cardeal, arcebispo de Braga, de Évora e de Lisboa, inquisidor xeral, rexente do reino e rei ;
- Duarte, Duque de Guimarães (1515-1540), casado coa Isabel de Bragança, bisavós de Xoán IV de Portugal
- Antonio, Infante de Portugal (1516) que viviu poucos días.
Do terceiro matrimonio, con Leonor de Austria (1498-1558), infanta de España, irmá do emperador Carlos V:
- Carlos de Portugal (1520-1521)
- María de Portugal (1521 - 1577), coñecida como a máis culta das infantas.
Notas [editar]
| Rei de Portugal | ||
|---|---|---|
Segue a: Xoán II de Portugal |
Manuel I de Portugal | Precede a: Xoán III de Portugal |
| Dinastía de Avis-Bexa | ||