Illa das Flores
| Illa das Flores | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Santa Cruz das Flores |
| País | Portugal |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | Azores |
| Linguas | Portugues |
| Poboación (2003) | 3.907 hab. |
| Superficie | 143´1 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 39°28′N 31°13′W / 39.467°N 31.217°W |
| Maior Altura | 914 m. Morro Alto |
| Localización | |
A illa das Flores (en portugués, ilha das Flores) é unha illa do arquipélago dos Azores, Portugal. É o punto máis occidental de Europa e ten unha superficie de 142 km² e unha poboación de 4 300 habitantes.
Historia [editar]
A illa foi descuberta en 1452 por Diogo de Teive e o seu fillo Joãou de Teive. A illa foi colonizada nun principio polo nobre flamenco Willem van der Haegen (coñecido en Portugal como, Guilherme da Silveira). Van der Haegen chegara a Azores en 1469, e viviu durante un tempo na Illa do Faial, trasladándose despois a Illa Terceira, onde viviu uns anos antes de partir cara a Flores. Posteriormente abandonou Flores por estar a illa moi illada e non atoparse nas rutas navais cara a Europa, ademais a illa resultaba pouco fértil. Desta forma, o inicio do poblamiento permanente da illa realizouse durante o reinado do rei Manuel I de Portugal, no ano 1510, vindo os colonos principalmente do norte de Portugal. Orixinalmente a illa recibiu os nomes de São Tomás e Santa Maria.
A illa aparece cuberta de miles de hortensias no verán, sendo este a orixe do nome da illa.
No extremo norte da illa atópase o concello de Santa Cruz das Flores, sede do concello. Ao sur atópanse a vila de Lajes das Flores, tamén sede de concello.