Casa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Casa (homónimos).
Unha casa (do latín casa) é un edificio construído a fin de ser habitado, polo xeral por unha unidade familiar, ben unha nuclear, unha familia extensa, ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia.
[editar] Técnicas de construción
As técnicas construtivas empregadas na súa construción poden ser tan diversas como permita a súa localización xeográfica, e sempre adaptadas ás solicitacións que lle impón o medio no que se ergue. En Galicia as técnicas máis empregadas son as derivadas do uso dos aglomerados a base de cemento, dos materiáis cerámicos tixolo ou da pedra.
A casa como unidade habitacional diferénciase da vivenda colectiva enque ésta adoita desenvolverse en varios andares, en número variable, mentres que raramente se considera casa aquela construción con mais de catro alturas. En Galicia, a tipoloxía da casa é a predominante no medio rural, mentres que no medio urbano predominan os edificios de vivenda colectiva distribuídos en áreas urbanizadas de media ou alta densidade (a lexislación vixente prevé un máximo de 75 vivendas/Ha, con excepcións ata as 100 vivendas/Ha). Noutros países hai unha enorme presencia de casas en ámbito urbanos de baixa densidade (20-25 vivendas/Ha). Este modelo de asentamento poboacional xenera un hábitat urbano particular, no que se dan unhas relacións sociáis diferentes e un sistema de redes e servizos distinto. O modelo de colonización do territorio que é propio e tradicional de galicia está baseado nunha estrutura densa de pequenos asentamentos ruráis formados básicamente por agregación de unidades habitacionáis tipo casa, unha serie de cabeceiras de bisbarra con algunhas funcións administrativas e de terciario, e uns poucos centros urbanos de mediado tamaño. Este modelo tradicional ven sufrindo dende fináis do século XIX ou principios do XX, según zonas, unha metamorfose cara a un novo modelo que os estudosos locáis do urbanismo deron en chamar Cidade Difusa, e que é común a Galicia (sobre todo no sector atlántico) e o norte de Portugal, abranguendo unha poboación de arredor de seis millóns de persoas.
As casas normalmente considéranse como habitadas continuamente ou temporalmente (a chamada segunda residencia, fenómeno crecente no rural galego), e poden estar en propiedade ou en réxime de aluguer. Existen outros elementos construídos que poden acompañar á casa coma construción adxectiva ou anexo. Poden citarse coma exemplos o palleiro, a caneira, o pozo, o alpendre, o hórreo, o galiñeiro, o galpón ou o garaxe. Algúns destes elementos poden estar integrados na propia casa. Na casa galega tradicional é máis habitual que o que forme parte dela sexan as cortes, o faiado, o rocho ou despensa, o patín, a palleira, a adega ou o celeiro, según a tipoloxía predominante na zona ou a extracción social do seu propietario.
Hai moitos tipos de casas, clasificables seguindo diferentes criterios, como poden ser segundo a distribución xeográfica. O hábitat e a sociedade inflúe fortemente na configuración da casa tradicional, e coma exemplo pódense comparar as seguintes: o pazo, a palloza, o iglú, a masía, o cortijo, o palafito, o palacio, o castelo, a alquería, o castro, a barraca ou o caserío.