Rocho
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O rocho é un cuarto da casa, polo xeral pequeno e pouco vistoso, que se destina a gardar os utensilios de menor uso. Non sempre os cuartos destinados a facer de rocho están dentro da casa; é habitual que moitos apartamentos teñan o rocho nun andar distinto do edificio, polo xeral no baixo ou no faiado, aínda que tampouco non é raro que as casas de campo teñan o rocho nun caseto adxacente ou mesmo afastado da vivenda.