Domótica
A domótica é a disciplina que se ocupa de estudar a tecnoloxía, até mellorar a calidade de vida dos seres vivos, en entornos antropizados.
Índice |
Historia e características [editar]
Esta disciplina naceu no curso da Terceira Revolución Industrial. O termo é un cruce das palabras domus (que significa "casa" en latín) e robótica (de robot, que significa escravo en checo)
Un hábitat ou edificio domótico é aquel dotado de automatismos con a finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas que viven nese espazo, de xeito que se reduza o traballo doméstico, aumentando a seguranza, racionalizando os diferentes consumos e optimizando os recursos. Un sistema domótico debe ter a ubicuidade suficiente no seu control, teléfono, PDA, PC, Internet etc. Por exemplo, nun edificio domótico, durante o inverno, as persianas poderían subirse automaticamente durante o día, e pola noite baixarían elas soas, aproveitando a luz e a calor solar ao longo do día, favorecendo a optimización do consumo enerxético da edificación. Isto é un exemplo básico, aínda que un bo sistema domótico debe oferecer infinitas posibilidades de control dunha maneira sinxela.
Elementos importantes nunha instalación domótica [editar]
- Incremento do conforto
- Automatización do control de luces, persianas, fiestras, cortinas e enchufes.
- Climatización automática. Calefacción e refrixeración.
- Optimización da xestión de consumos: enerxía elèctrica, gas, recursos hídricos.
- Uso de enerxías renovábeis. Enerxía solar, enerxía xeotèrmica, enerxía eólica.
- Automatización de tarefas: rego, acendido de servizos a certas horas, en función de acontecementos, etc.
- Ubicuidade no control, tanto externo como interno, control remoto de Internet, PC, mandos sen fío (p.ex. PDA con WiFi), aparellame eléctrica.
- Facilidade de uso (GUI, interface de usuario gráfico, aplicación).
- Xestión do lecer.
- Alarmas. Vixilancia anti-incendios. Temperatura. Detección de fugas de gas oo auga.
- Control de accesos.
- Control biométrico.
- Control de servizos para simular a presenza de xente durante ausencias prolongadas.
- Xestión de alarmas técnicas: corte de subministracións, posibilidade de visualización remota do edificio.
Control [editar]
Todas as ordes que se efectúan nunha casa domótica, realízanse a través de diferentes sistemas:
- IR (mando por raios infravermellos).
- Inalámbrico.
- Teléfono.