Patín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros usos do termo vexa Patín (homónimos).

Un patín é un tipo de calzado especial que permite patinar. Este, ten unha plancha enganchada a sola e leva unha especie de coitela ou rodas, dependendo da superficie sobre a que se vai esvarar. Esta especie de calzado pode ser empregado na patinaxe e como medio de transporte.

Tipos de patíns[editar | editar a fonte]

Patín de xeo.[editar | editar a fonte]

O patín para xeo está composto por unha bota unida pola súa parte inferior a unha coitela. A unión pode ser fixa en dous puntos; ou ben articulada, con un eixe na parte dianteira e un resorte que tende a manter unha certa separación entre o talón da bota e a coitela. Neste segundo caso chámaselle patín clap.

Patín sobre rodas[editar | editar a fonte]

O patín sobre rodas é empregado para desprazarse sobre unha superficie o máis dura, chá e lisa posible, grazas ao rodamento que leva baixo a sola. Pode unirse ao calzado ao formar parte dunha bota que o leva incorporado na súa sola.

Existen dous tipos básicos: o patín tradicional e o patín en liña, aínda que tamén existen experiencias con patíns dunha roda e outras variantes.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Patín