Amizade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catro amigos dándose unha aperta.

A amizade (do latín amicîtas, por amicitîa, de amicus, amigo, que deriva de amare, amar) é unha relación afectiva entre dúas ou máis persoas. A amizade é unha das relacións máis comúns que acostuman ter as persoas na vida. Esta prodúcese en diferentes etapas da vida e en distintos graos de importancia.

Por outra parte Philia (do grego φιλία, Phil-, Philo-) é un antigo termo grego para referirse ao amor fraterno, incluíndo amizade e afecto. Foi definida tamén como a intención de promover o ben común cando se traballa en conxunto con outros.

Clásicos en Galego 14. Cicerón: Sobre a vellez e Sobre a amizade.

Cultura popular[editar | editar a fonte]

As relacións de amizade foron narradas, tanto no mundo da literatura como no do cine e televisión.

Filosofía[editar | editar a fonte]

Aristóteles no seu escrito Ética a Nicómaco, dedicou dous libros a falar da amizade, o libro VIII e o libro IX. Nestes libros danse exemplos de philia que inclúen: amantes mozos, amigos de toda a vida, cidadáns, contactos políticos ou de negocios, pais e fillos, compañeiros de viaxe e soldados, membros da mesma sociedade relixiosa, do mesmo club, da mesma tribo, ou dun obreiro e quen usa os seus servizos.

Tipos de amizade[editar | editar a fonte]

Diferéncianse algúns tipos de philia, como por exemplo:

  • Amizade baseada nas vantaxes mutuas.
  • Amizade baseada no pracer mutuo.
  • Amizade baseada na admiración mutua.

Psicoloxía[editar | editar a fonte]

Na psicoloxía, a filia é un cultismo do grego: de amizade. As filias son atraccións cara determinadas persoas, realidades ou situacións. Significan o contrario das fobias que fan referencia o medo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]